Onte 1157: Mans
Gustei do comunicado publicado onte por Implicadas no Desenvolvemento e People’s Development Initiatives e as mulleres de Támil Nadu coas que traballan ambas as dúas organizacións con motivo do Día Internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres. Efectivamente, «só unindo as mans contra as violencias diarias será posible conseguir sociedades que non toleren que a metade da súa cidadanía reciba malleiras de forma sitemática, sexa obxecto de violación, asasinato, dependencia económica, responsabilización da honra, das crianzas, da comida e da familia.» Non será posible erradicar a violencia constra as mulleres sen eliminar ese virus machista presente de forma implícita ou explícita en tantos eidos da vida social e comportamentos cotiáns aparentemente inocentes. Aí é onde está a orixe desta lacra noxenta.