Onte 1345: Ler baixo a lúa
A Feira do Libro de Madrid pechou onte de forma excepcional ás 10:30 da noite para «ler baixo a lúa». Organizada pola Asociación de Editores de Madrid e concibida para evocar o misterio e o encanto da lectura ao comezo da noite, esta novidosa actividade consistiu na lectura continuada que autores, editores e actores realizaron dos contos das Mil e unha noites. A iniciativa, que tivo moi boa acollida, puido seguirse por twitter coa etiqueta #leerbajolaluna, incitando así tamén ás persoas que non puideron achegarse ao Retiro. En todo caso, propostas de actividades coma esta, nas que a lectura ocupa o espazo público con todo o seu engado e misterio, contribúen a sacar ás feiras do libro da súa rotina conformista e abrirse a novos públicos. Non estaría de máis poder emular esta idea nas Feiras do Libro de Vigo e da Coruña, que se celebrarán na primeira decena de xullo e de agosto. Ben que presta poder ler na nos aterra baixo a luz do lueiro.