Onte 2007: Adolfo Domínguez presentou «Juan Griego» no Club Faro de Vigo
Resultoume onte moi grato acompañar a Adolfo Domínguez na presentación no Club Faro de Vigo da súa novela Juan Griego (Defausta, 2018). Unha hora de conversa literaria sobre unha novela concibida como un poema épico de máis de setecentas páxinas, un auténtico everest literario para o goce e a reflexión dun lectorado esixente. Publicada hai décadas en castelán por Mondadori e en galego por Galaxia, tras unha reescrita e ampliación moi considerables, Domínguez ofrece agora unha novela formalmente aínda máis arriscada na que se mesturen xéneros e temáticas ben diversas, para afirmar con rotundidade a veracidade do relato científico como o propio do noso tempo. Creo que non esaxerou o poeta Luis García Montero cando a cualificou de «monumento literario» nin Susana Pietro Mori, a editora de Defausta como a «oportunidade de ler un clásico antes que se convirta en clásico». Unha novela con vontade de pervivir. Interesante.