Reivindicar o militante

Varias presentacións e a intensa elaboración dos orzamentos impedíronme postear estes días atrás.
As viaxes pagaron a pena. O fiscal xefe do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia propuxo na presentación de Compostela a necesaria reforma da Lei de Normalización lingüística con argumentos ben convincentes. Na de onte en Torre, Vito volveu reivindicar a palabra militante, que definiu como “aquela persoa que está no mundo activamente, coa pretensión de aportar algo”, lembrando os bonitos versos de Neruda: “poderán cortar todas as flores, mais nunca serán os amos da primavera”.
Os vindeiros días tamén serán ben cumpridos en atafegos: mañá á noite primeira reunión cos xurados e o sábado á mañá mestrado en Compostela para falar das feiras internacionais do libro. Cando terei tempo abondo para ler? Isto preocúpame cada vez máis.

5 comentarios
  1. galeidoscopio
    galeidoscopio Dice:

    Sendo militante da edición na Galiza, como é que non hai nesta bitácora (que me permitín citar na minha) ligazóns a Sotelo Blanco ou Galaxia e si para Hércules?
    Saúde e trabalho solidário.

  2. naufrago
    naufrago Dice:

    Non ter tempo para ler. Velaí un dos grandes problemas que temos moitos. E sufrimos, claro, pois é o que máis nos gusta. Mais que escribir, máis que calquera outra cousa. Ler. Esa marabilla.

  3. Lantana
    Lantana Dice:

    Ocórreseme que escoitar podería ser unha boa alternativa para as persoas que non teñen tempo de ler. Escoitar alguén que le, en directo ou en formato CD…

    Saúdos e saúde desde Asturias, Brétemas.

  4. Brétemas
    Brétemas Dice:

    Galeidoscopio: non tiña enlaces con estas dúas editoras amigas xa que tiñan parados os sitios web. Mercede ao teu comentario comprobei que Sotelo arranxou moi ben o seu (están coma nós celebrando o vinte e cinco aniversario) e que Galaxia aínda está en obras. A miña intención é proporcionar os enlaces máis completos da edición galega, razón pola que moito agradezo toda a información que a poida mellorar.

Los comentarios están desactivados.