Por que fracasan os e-books?

Esta explicación de Joaquín Rodríguez amosa moi claramente cáles son as razóns polas que ata agora veñen fracasando os e-books, os dispositivas de lectura electrónicos. Como ben sinala Martín Gómez (na anotación que enlzao, magnífica e oportunísima coma sempre) os dispositivos fracasaron por que non acertaron nin coa portabilidade (os libros impresos son máis versátiles aínda neste aspecto), nin coa comodidade para a lectura (a a interface das pantallas non superou á páxina de negro sobre branco do papel), nin coa usabilidade nin cun prezo suficientemente atractivo. Se a isto engadimos, que unhas tecnoloxías non teñen porque substituír ás anteriores e que o acceso aos contidos electrónicos continúa limitado, podemos agardar a existencia e a viabilidade dos libros analóxicos durantes uns cantos anos. Isto non quere dicir, porén, que este sexa un tema pechado.

2 comentarios
  1. Calidonia
    Calidonia Dice:

    A súa última serie de anotacións a respecto dos libros electrónicos (dos dipositivos, non das obras) coincide no tempo coa compra dun destes trebellos.

    Levo adiando algunhas semanas a prometida ampliación da anotación coas miñas impresións sobre o dito trebello. En parte é por deixadez, confeso, pero en boa medida tamén é porque me xurdiron *moitas* cousas que quero comentar, e que son tantas que me requirirán unha boa dedicación de tempo.

    Adianto que para min o único inconveniente é o prezo, o cal non é un inconveniente a ter en conta, se atendemos á evolución da tecnoloxía e do mercado.

    O fetichismo ou o atractivo da presentación é unha cuestión que máis que un obstáculo á difusión destes trebellos é un criterio de segmentación do mercado de lectores. Quen lle confira a iso importancia é evidente que seguirán apostando por encher as estantes de papel. Quen non se importe con iso e coide que a obra, o contido, enche as súas expectativas de lectura, non terá, na miña opinión, ningún problema: nin de lectura (resolución superior á das edicións de peto), nin de portabilidade (2GB de libros nun moleskine!), nin de batería (centos de horas de lectura!).

    Antes ao contrario, os dispositivos de lectura presentan vantaxes sen igual que entroncan co mundo dixital. Imaxinan os textos da Galipedia automaticamente convertidos a un libro que se pode consultar (e navegar!) neste dispositivo. É só un exemplo.

    Por iso coido que non é só que o asunto no nestea pechado, senón que está máis aberot que nunca. E parece que si, que 2008 é xa o seu ano de despegue.

Los comentarios están desactivados.