Podemos ler outra prensa?

Co que está chovendo estes días, semella máis necesario ca nunca ler, tamén, outra prensa. Para poder conformar un criterio máis rigoroso, e a pesar das súas diferenzas ideolóxicas, eu visito, sempre que podo, algúns medios editados en Barcelona. Non está de máis comparar as opinións que sobre o Estatut e a visita de Ibarra a Zapatero aparecen hoxe en El Periódico ou en La Vanguardia con esta e estoutra. Por riba, se adoptamos este sano costume de non acudir só á prensa madrileña, poderemos gozar coa lectura de “La Contra” , unha das seccións máis orixinais e sorprendentes da prensa en papel que se publica cada día en España.
3 comentarios
  1. mourullo
    mourullo Dice:

    Si, pódese. E se non se fai máis, nos tempos de Internet, é porque non se quere. Podo entender ollar primeiro para os diarios galegos, pero despois hai vida máis aló do “llueve en la Castellana, diluvia en toda España”.

  2. Pepe
    Pepe Dice:

    A priori e a posteriori, interésame máis o asunto este do sexo taoísta, que o coñazo da reforma dos estatutos e da constitución.

    Non será que, no fondo, o problema estriba en que os políticos andan mal follados, e que todos somos políticos en potencia [sic. polo de “potencia”]?
    Non será que a España eterna ten “mala follá”, e que a España plural o que quere é ser taoísta pero non sabe como logralo?

    Sex & Money & Power, todo está relacionado, pero moi mal relacionado.

  3. Anonymous
    Anonymous Dice:

    A “La Contra” de La Vanguardia déronlle un premio hai pouco. Son entrevistas moi xugosas e fóra da rutina xornalística habitual. Dignas de coleccionar.

Los comentarios están desactivados.