Os trebóns de Xurxo

Hoxe viaxo á feira de Torre para presentar o novo libro de Xurxo. Souto é unha marabilla, un narrador poderoso que posúe a fluencia, a expresividade e a mirada dos nosos contadores populares. Unha tradición que asume de forma orgullosa e soubo reinventar e reconstruír empregando as linguaxes universais das emocións, da repichoca cascarilleira e da nosa lingua de estirpe. Xurxo é pura emoción, pura alegría verquida na alquimia de vidas que se inventan nun horizonte de esperanza. Este libro é unha cousa bonita, luminosa e cantareira. Un refacho de optimismo, que é moi de agradecer neste país de alegrías tan concisas. Beizóns para el.
1 comentario
  1. naufrago
    naufrago Dice:

    Xa lin os Trebóns de Xurxo, e como “O retorno dos homes mariños” e outras moitas cousas súas, disfrutei coa súa lucidez e xeito de contar. Súmome ás beizóns. Mágoa non puidese quedarme na Coruña para a presentación.

Los comentarios están desactivados.