Orgullo na brétema



Para min constituíu, tamén, unha grande alegría asistir ao nacemento do precioso periódico impreso de Vieiros, outro orgullo esperanzado para o futuro. Porén, disgustoume o enfoque do libro que agasallou a Consellaría de Cultura a todos os seareiros, que amosa (sendo moi piadosos á hora de cualificalo) unha concepción necrolóxica e moi convencional da literatura galega; como tampouco me chistaron as chamadas (innecesarias) do muecín que berraba nos altofalantes dende un palco ateigado de autoridades. Erros, ambos os dous, que non pexan unha noite para non esquecer. Un grande éxito colectivo de Galicia en pé.
O partido foi memorable, historico. A bancada impresionante. O himno, as cancións de animo, as ondas… Unha festa!
Para o próximo partido sería interesante que a organización facilitara unhas bolsas (ou similar) para transportar os “cachibaches” cos que agasallaban na entrada.
A ver se hai outro partido antes do verán.
Con respecto aos resultados vindeiros non temos nada que temer: Deus está coa selección galega.
Un saúdo e bo aninovo
Engalego.esp.st