Onte 536: Ferrín

A demisión de Ferrín provocoume unha sensación moi agre de melancolía e profunda tristeza. Admiro e respecto unha decisión tomada dende unha convicción moral e patriótica, na que é probable tamén influíse a decepción sobre as diferenzas existentes dentro da institución centenaria. A demisión, por moito que nos custe aceptala, non pode agochar os éxitos da xestión modernizadora que encabezou o equipo directivo de Ferrín. Como tampouco se pode esquecer que foi a oportunísima e valente presentación do recurso da Academia contra o Decreto de Plurilingüismo a clave deste periodo no que a entidade intensificou tamén a súa presenza na sociedade galega coma nunca até agora o fixera. Con Ferrín na presidencia a RAG comezou a estar presente na web e nas redes sociais, apostou pola elección de figuras como Lois Pereiro ou Roberto Vidal Bolaño ou celebrou en colaboración con outras entidades profesionais o cincuentenario do 17 de maio. Como tamén se debe valorar o esforzo tremendo de Ferrín e do seu equipo para colocar a RAG a idéntica altura (orzamentaria) co resto das institucións académicas, coa dignidade que merece a nosa lingua e a nosa cultura. Non descarto que esta inesperada demisión de Ferrín sexa un síntoma das dificultades dos proxectos culturais e políticos que neste tempo conformista enxergan o futuro e a súa construción colectiva, desprazados polas premuras curtopracistas daqueloutros que o fan apenas polo mañán. Todos os meus abrazos e admiración para Ferrín.

1 comentario
  1. Pedro F.
    Pedro F. Dice:

    Hola.
    Tristes novas,parece que o nepotismo non existe xa que traballaban antes da sua presidencia,triste e suicida pobo ademais creo que ten bastante que ver Freixanes(con contas pendentes)vaia páxaro ese señor……….
    No queda nada de lo que fue nada. decia el maestro Hierro.

    Responder

Dejar un comentario

¿Quieres unirte a la conversación?
Siéntete libre de contribuir

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará