Onte 24: A Derrota de Galicia
Á mañá recibín un novo limiar para o que será A Derrota de Galicia, o libro de ensaio político, que publicaremos a comezos da vindeira primavera, no que Antón Baamonde reflexiona sobre a inexistencia na Galicia actual dun proxecto propio de modernización. Lin decontado o texto lúcido e duro de Baamonde, despois de ter revisado algúns dos comentarios que denuncian o expolio que supón valorar nun 6,87% a participación que a caixa terá no banco que ela mesmo creou. Non deixa de ser desacougante que para algúns medios e «comentaristas de referencia» a noticia non merecese mención. Outra proba desta desfeita enorme. Si, efectivamente, perder un instrumento financeiro propio, en clave de país, é outra derrota do proxecto de construción de Galicia como nación; un fracaso deste anémico goberno de Feijóo, mais tamén da oposición incapaz de ofrecer o entusiasmo dun programa alternativo. Á noite, abrindo a caixa de correo atopo razóns para a esperanza enviadas polo benquerido Agustín. Arnaldur Indridanson, o escritor islandés que lerá o discurso inaugural da Feira de Frankfurt 2012, na que o seu país será o convidado de honra, lembra que «a riqueza dunha nación non está na Bolsa. senón nos seus libros». Quen pode dicir, entón, que Galicia está derrotada?
Amigo Brétemas: o medio de referencia falou por boca da súa Redactora Xefa de Economía, a mesma que leva semanas e meses insultando a intelixencia de case toda Galicia (con vergonzosos ditirambos a quen poda corresponder), no día do sábado. Con este comentario que debe pasar con letras de ouro á antoloxía do xornalismo galego (ortografía aparte). Lelo provoca ulceracións:
“A cabó el proceso de reestructuración del sistema financiero. Vamos, que el Banco de España acaba de liquidar las cajas a precios de saldo. ¿Qué no son saldos? Entonces explíquenme cómo NCG vale 181 millones si tiene casi el 50 % de la cuota en Galicia. ¡Qué pena no tener dinero!”, Sofía Vázquez.
Jewelries add to the glamour factor that uplifts the presence charm of an individual. It’s among the rare stuffs that are loved equally irrespective of genders. Indeed jewelries are something that completely results a change over the personality. Visit http://www.rightshopping.in/jewellery/index.asp today.