Novo valor

16-07-2005: Na primeira entrevista, Carlos expresa a súa admiración por Hammett (Acio sanguento é unha homenaxe a Colleita vermella) e polo Tren nocturno de Amis.
17-07-2005: Onte Carlos Freire fai un interesante comentario a este post. Salienta tamén a súa participación no traballo colectivo de crítica no Cartafol. Como así é, creo que merece ser subliñado.
Freire, Carredano, Moure… agardemos que as faíscas acendan a fogueira. Falta fai.
Pois se gosta de Hammett -un dos meus escritores de cabeceira- e do “Tren nocturno” de Martin Amis, o señor Freire xa merece todas as miñas simpatías. Haberá que lelo. Ademais, peor que a de Perozo non vai ser, e a diferencia dalgún dos premiados anteriores estou seguro de que esta si foi escrita en galego… 😉
Ola Manuel:
Xa che dixen o outro día que era lector destas Brétemas. O xoves, falando contigo despois da cea xa vin que eras unha persoa moi próxima. Déixasme sorprendido con esa exhumación que fixeches dos poemas do certame María Soliño de fai 18 anos, cando eu nin sequera tiña 18 anos. Nin imaxinaba que poderían estar colgados en Internet. É abraiante.
Quixera engadir a todo o que dixeches que quen me rescatou para a crítica literaria, e tamén probablemente para a literatura, foi Moisés R. Barcia. Colaborei con el na defunta revista Guía dos Libros Novos, cando Moisés era o coordinador, e agora tamén aporto o meu gran de area ao seu Cartafol de Libros, en Vieiros, un proxecto substancial no que el está moi implicado.
Reinvindícome eu agora coma novo valor tamén.
¿Que facía no concurso da Voz o senlleiro Caneiro?
¿ ten problemas para publicar? ¿ ou foi sinxelamente un exercicio literario para cinguir súa fervenza verbal a un formato breve e limitado?