Novas de "Oeste"

O xoves pasado estiven en Urroa con Manolo e decidimos retrasar a aparición de Oeste ata o outono. A trama desta novela estensa, o manuscrito avulta 400 páxinas, arrinca o 18 de agosto de 1936 na Dársena e na Praza de María Pita onde os sublevados queiman unha chea de libros, o mesmo día no que matan a Casal e Lorca.
Oeste é unha novela de estrutura arbórea, que debuxando unha especie de esfera, esculca o que ocorre á marxe da vida. A prosa é densa e artisticamente moi ambiciosa.
Estou entusiasmado. No xornal gratuito Cañas do mes de agosto aparecerá outro pequeno adianto do texto.
Foto: Manuel Vilariño.
7 comentarios
  1. Martin Pawley
    Martin Pawley Dice:

    A contracapa do exemplar de hoxe de “La Opinión de A Coruña” fala desta novela de O’Rivas, e por certo citando de xeito literal frases deste blog. A verdade é que “Oeste” soa moi apetecíbel. Está a novela xa acabada, ou de aquí ao outono aínda recibirá algúns retoques? E no outono, cando? En outubro, en novembro, en decembro?

Los comentarios están desactivados.