Mestrado de edición

Estas dúas últimas semanas andamos atafegados coas sesións do Mestrado de Edición. Esta experiencia docente, na que leva todo o peso Celia Torres, a directora de promoción da editorial, está sendo para nós un reto. Obrigounos a sistematizar o noso traballo e a tratar de comunicar en vinte e seis horas, da forma máis atractiva e didáctica posible, a nosa experiencia sobre a promoción editorial.
Facer visible cada libro (tanto na libraría coma nos medios de comunicación); singularizalo con respecto á enorme oferta existente (sobre todo, en castelán); manter unha conversa permanente cos autores e co público; promover a imaxe da marca de xeito que se asocie coa excelencia e coa formación dun criterio nos lectores; profundizar no proxecto cultural da editorial facéndoo compatible coa súa viabilidade empresarial son tarefas, entre tantas outras, deste traballo de comunicación, indispensable na nosa concepción profesionalizada e moderna da edición.
Mañá remataremos o módulo cunha sesión práctica sobre a promoción do libro galego en Internet, un terreo no que levamos avanzado (a vindeira semana abrirase un renovado portal dos editores galegos), mais no que aínda, a pesar das experiencias interesantes, queda moito por facer.
6 comentarios
  1. carmiña
    carmiña Dice:

    Gustaríame agradecerlle ós dous o esforzo que fixeron para achegarnos a este mundo da edición sendo obxectivos co que hai, sen chorar!! . COncordo coas opinións anteriores, do mellorciño que houbo no máster. Os agradecidos somos nós. saúdos.

  2. xoli
    xoli Dice:

    Imaxino que sonará repetitivo, pero gracias. Gracias polo esforzo, o coñecemento e a ilusión transmitida. Fixestes facernos reflexionar. Máis do que pensades… “Maxistrais” Unha aperta

Los comentarios están desactivados.