"Los girasoles ciegos", Premio Nacional de Narrativa

A noticia non constitúe unha sorpresa. Para min foi este un dos mellores libros de narrativa que lin este ano. Alberto Méndez -un dos editores e fundadores da editorial Ciencia Nueva, unha das pechadas por Fraga cando era ministro de Información- xa fora recoñecido na primavera co Premio da Crítica. Méndez morreu o pasado mes de decembro, deixándo sen concluír unha novela sobre o comisario Yagüe, o que tirou pola ventá a Julián Grimau e ao propio Alberto Méndez.
Un recoñecemento póstumo, literaria e humanamente, ben merecido.

2 comentarios
  1. Pablo Eifonso
    Pablo Eifonso Dice:

    O texto é desgarrador. Alberto Méndez expresou todo o seu interior deseante nese libro. A guerra civil é, para min, só a escusa. Dificilmente vexo posible que con semellante baleiro poidera escribir outra cousa distinta á súa morte. Lémbrame a Llamazares: despois da súa Lluvia amarilla, ningún outro texto de calidade foi posible. Que Alberto Méndez descanse en paz.

Los comentarios están desactivados.