Jaureguizar premiado

Coñecimos hoxe que Cabaret Voltaire de Jaureguizar resultou gañadora do Premio de Novela García Barros convocado polo concello da Estrada. Unha alegría por tratarse dun amigo e dun autor moi admirado por min, que ve recoñecido así o seu traballo. O único que me magoa, e que debo aceptar con resignación, é non ter a posibilidade de optar a editala, xa que nas bases deste concurso aparece a obriga de que a obra gañadora sexa publicada por Galaxia, editorial que colabora no xurado do premio.
Considero moi desacertada esta política, consolidada dende hai moi poucos anos, consistente en que premios convocados por entidades públicas pechen a posibilidade de que o autor ou a autora (o único posuidor lexítimo dos dereitos de explotación comercial da súa obra) escolla a editorial na que quere publicar o seu texto. Téñoo reiterado en moitas ocasións e obrado en consecuencia (a nosa empresa non participa en ningún destes acordos). O respecto escrupuloso do dereito de autor, ao que tantas veces nos temos referido, pasa tamén por non ter que pagar peaxes de ningún tipo. Ou non?
7 comentarios
  1. folerpa
    folerpa Dice:

    Amigo brétemas o post paréceme máis unha patalexada de raparigo que unha defensa real do autor.
    De tódolos xeitos recoñezo que tal sistema a min no me cheira ben, non niste caso concreto -Parabéns a Jaure – senón en outros recentes dadalas connivencias entre premiado e xurado-editor.
    Aínda así noraboa pola vosa politica e pola composición dos xurados do vosos premios, aínda que moitas veces non coincida con el para nada. Ademáis fai anos cando aínda non perdera a esperanza de publicar polo menos contestachedes, cousa que non fan outras, caso da que falas.

  2. Anonymous
    Anonymous Dice:

    Más que con los derechos de autor, esto tiene que ver con los derechos del editor. El autor acepta las normas al presentarse al concurso, pero creo que una institución pública debería sacar a concurso la publicación de la obra. Cederla de antemano a una editorial no será prevaricación, pero como mínimo es injusto. Por cierto, enhorabuena al autor… Y a tí, por no participar en estos juegos…

  3. Brétemas
    Brétemas Dice:

    Amigo folerpa: o meu post non é patalexo ningún. Estou feliz, moi feliz polo premio acadado por Jaureguizar, como xa llo dixen (foi el que me chamou para dicirmo). O meu comentario fai referencia ao que eu entendo un aspecto mellorable no funcionamento do sistema literario galego. Eu son dos que sempre vai apoiar incondicionalmente a decisión que tomen os autores (os editores somos apenas canle), razón de máis para que reivindique o seu lexítimo dereito a escoller catálogo cando recibe un premio convocado por un concello ou calquera outra administración pública. Outra cousa, ben diferente, son os premios convocados polas editoriais privadas. Ben, moi ben por Jaure, que con este novo premio (e xa leva uns cantos) amosa a calidade ben demostrada do seu traballo literario. Beizóns, Jaureguizar!!!

  4. Jaureguizar
    Jaureguizar Dice:

    Fáiseme un tanto desagradable que se discutan estas cousas nun momento tan feliz para min, pero comprendo o interese de facelo. Ao contrario que vostedes, eu véxolle vantaxes a que as editoras e as institucións compartan premios porque iso permite que estes teñan unha maior contía e unha maior repercusión e creo que nos sobran no país galardóns de concellos e de editoras sen (ou con escasa)dotación ao que os xornais relegan ás edicións locais. Mesmo avogo por fusionar algúns dos galardóns que temos.
    Polo demais, eu me sigo considerando autor de Xerais (que tirou 7 dos meus dez libros e apostou por min ao primeiro), por máis que vaia publicar ‘Cabaret Voltaire’ en Galaxia ou que publicara outro en Sotelo Blanco tras recibir o Lueiro Rei. Ese caso é paradigmático porque as miñas relacións coa persoa que dirixía daquela a editorial compostelá eran dificilmente empeorables.

  5. Cau
    Cau Dice:

    Penso que Folerpa –corríxeme se erro- refírese a premios nos que o editor que vai editar a obra forma parte do xurado con voz e voto (no caso, por exemplo, de Xerais, coido que o representante da editorial só ten voz, o que me parece moitísimo máis xusto). Quizais esaxero, pero a min chámame a atención a cantidade de xurados de poesía nos que participa o editor de Espiral Maior. Se aínda por riba o libro premiado se vai editar na súa editorial, as sospeitas, non tanto de engano ou apaño, eu non estou na cabeciña de ninguén, senón de autoselección do que un quere ter no seu fondo editorial, semellan ter certa lóxica.

    Por iso ese sistema -que unha administración poña os cartos, e o editor da obra gañadora forme parte do xuri- non me parece ético. Unha editorial privada pode pór as bases que lle peten, e nós somos moi libres de aceptalas ou non. Pero cando unha institución convoca un premio, o mínimo que se lle pode pedir é imparcialidade, cando menos na selección do xuri. Se o editor que vai editar a obra gañadora –entendo que cobrando uns cartiños por iso- quere participar na elección dos libros que edita, o lóxico é que a súa editora convoque os premios e poña os cartos.

    O que non teño moi claro se é bo que sexa o autor quen elixa a editorial -iso podería prexudicar as editoras pequenas- ou facerse por concurso público, como di anónimo.

    Jaure, isto non vai por ti, non dubido que a túa novela sexa estupenda. É só que teño a impresión de que hai editoras –Galaxia non é unha delas, evidentemente- que viven ata certo punto dos concursos. Paréceme ben, é unha actividade editorial como calquera outra. O que xa non me parece tan ben é que aínda por riba queiran participar na elección do premiado.

  6. Anonymous
    Anonymous Dice:

    Non sei, non sei, hai cousas que non me cadran.

    Como é posíbel que, de 15 orixinais apresentados, queden 6 finalistas?
    (O domingo 5 din en La Voz os lemas dos 6 orixinais finalistas, e hoxe, tamén en La Voz, dise que os orixinais apresentados foron 15)

    Hai algo que non me cadra. Tan só podo pensar dúas cousas:
    -que a calidade das obras presentadas ao García Barros era boa/moi boa
    -ou que a calidade desas obras era máis ben maliña

    Penso que á parte dos parabéns a Jauregui (aos que me sumo) tamén é importante analisar certas cousas que (desde logo a min) non deixa de chamarme a atención.

  7. folerpa
    folerpa Dice:

    Bretemas o da patalexa era un pequena provocación inocente. Suscribo totalmente o manifestado por Cau, a eses premios era aos que me refería. Algunha vez recibin os orixinais de volta sen sequera desprecintar, un que é un pouco cabrón e non se fía nin dos xurados-editores. ¿Iran a medias cos premiados ?

Los comentarios están desactivados.