Grazas, Maciño

Despois de cinco anos de render moi bos servizos, esta madrugada un erro fatal (“kernel panic”) estragou o meu vello mac de bola. Quedamos, pois, sen ordenador na casa (desacougado que estou con algunhas perdas de información), razón pola que estes días teremos moitas dificultades para manter actualizadas estas brétemas. Volveremos cando contemos cun novo (hai que buscar as mellores ofertas). Pregamos desculpas.

3 comentarios
  1. r.r.
    r.r. Dice:

    Mimá, síntollo ben, máis aínda sabendo que vostede (coma min, recoñézoo) é dos que pon nome o seu… ¡ordenador! (ía poñer PC e de seguro que me botaba o espiche de bronca).

    Espero que teña sorte para recuperar todos eses datos.

Los comentarios están desactivados.