Google maps e os blogs

Google maps acaba de introducir a posibilidade de que as súas buscas poidan ser publicadas nos blogs. Premendo en “establecer unha ligazón con esta páxina” aparece unha ventá, na que aconsello escoller a opción “personalizar e visualizar previamente o mapa que se inclúe”. Alí podemos escoller tamaño e copiar o código html para pegar na nosa anotación. Desde o blog poden utilizarse todas as utilidades e mesmo enlazar co mapa ampliado; así, as posibilidades de emprego didáctico, aumentan considerablemente. Eis a busca da miña oficina.

Visualizar o mapa ampliado
1 comentario
  1. Brétemas
    Brétemas Dice:

    Comprobo que a utilidade funciona ben cos navegadores de Mozilla (Camino ou Firefox), mais ten problemas con Safari ou Opera. Está claro que deben depurala un pouco.

Los comentarios están desactivados.