Despois do 17

Despois deste 17 semellan detectarse novas tendencias a ter en conta para futuras edicións: os libreiros comezan a saír a rúa en varias cidades (con maior ou menor éxito, esa é a verdade); o cortexo cívico colle corpo e arrastra a máis de mil persoas; a romaxe etnográfica de Vilanova preséntase como un modelo de animación popular; os libros fanse máis visibles nalgúns escaparates; os rapaces reclaman a telefonía móbil en galego; continúan as iniciativas a prol da normalización da lingua en todos os ámbitos e, mesmo, os actos da Academia perderon un chisco do seu cheiro a naftalina. Algo moveuse este 17.
2 comentarios
  1. folerpa
    folerpa Dice:

    O único que se moveu este día foi a xente cara as praias coma ben recoñecía o símpatico e despreocupado presidente da academia. Polo demáis ainda que a fique a esperanza imos camiño dunha lingua morta máis cando o símpatico e despreocupado presidente presume de non saber nada de informática. Así nos vai.

  2. Brétemas
    Brétemas Dice:

    Non creo no fatalismo, nin aposto polas profecías cumpridas (mesmo hoxe anunciábase un modelo físico que agoira a desaparición da lingua en menos de cen anos). Algunhas tendencias albíscanse para mudar a caída. O “simpático presidente” non estivo moi fino, a verdade é esa.

Los comentarios están desactivados.