Crise nas feiras do libro

Algo non corre ben na organización das Feiras do Libro de Galicia. Soubemos que hai problemas para celebrar a Feira de Ferrol (prevista para coincidir co 17 de maio) por falta de candidatos para ocupar as casetas. A languidez da actual feira de Santiago non anima a ser tampouco optimistas. Esta é a crise do sector libreiro que se anuncia? Como podemos reconducir este modelo de promoción do libro?
4 comentarios
  1. dorfun
    dorfun Dice:

    …en ferrol os libreiros non lle ven o sentido comercial á feira… estaría ben buscarllo? …ou habería que convertir iso nunha “feira” literal? …o de sempre negocio vs. cultura!

  2. Jaureguizar
    Jaureguizar Dice:

    Eu fun asinar o ano pasado e aínda merquei un par de libros do Lobo que non tiña, porque de asinar nada… os ferroláns non dan moitos folgos para pasar unha mañá de sábado nunha caseta.

  3. Jaureguizar
    Jaureguizar Dice:

    O de non asinar non foi por non levar eu bolígrafo, foi porque non había nin deus. Eu e unha rapaza fómoslle ao contacontos a Cándido Pazó e el pasoume pola caseta. Pero iso é todo.

  4. Anonymous
    Anonymous Dice:

    Será que o lector en galego pasa un pouco da quincalla festiva (no meu caso, por exemplo) e decide mercar o libro sen ter en conta a data, nen o desconto. A min, dende logo, paréceme unha soberana paifocada iso das feiras. Agás que sexa de libro vello e de ocasión. Outra cousa é cando asina un autor. Aí xa tira un chisco, e a preguiza ás veces toma pulo para me acercares ás casetas. A cultura e o mercado non teñen porque estar reñidos. Unha non existe sen a outrta.

Los comentarios están desactivados.