Chuza.org

Paréceme unha iniciativa magnífica a de chuza! Un espazo que se define como

un sitio de novas galegas que emprega un control editorial non xerárquico. Calquera pode enviar historias e a comunidade de internautas é quen as valora, as comenta e decide se publicalas na páxina principal, de forma que non intervén nunca a figura do editor…

Paga a pena que sexan os lectores os que ponderemos a información. Todo un reto concienzudamente deseñado. Beizóns, outra vez para, Berto.

1 comentario
  1. berto
    berto Dice:

    obrigadisimo, non sabes o pulo que dan as túas beizóns a chuza!

    de momento leva un dia público e non podería estar máis contento co lanzamento… 🙂

Los comentarios están desactivados.