Hoxe presentamos Cólera, o máis recente poemario de María Xosé Queizán. Durante o acto proxectarase un vídeo de 45 minutos, preparado por Manuel Forcadela, que recrea con imaxes, testemuños e músicas seis dos poemas do libro.
Cólera é a memoria orgullosa dunha xeración que rememora un proceso histórico clave na conformación do tempo presente. Empregando a emotividade que proporciona a paixón poética, a autora loa á mocidade galega que iniciou o galeguismo político de posguerra e se mobilizou para derrocar o réxime do tirano. Polo poemario discorren acontecementos políticos e sociais decisivos dunha década (a que vai dende mediados dos sesenta ao inicio da Reforma Política): a formación do Consello da Mocidade, o 25 de xullo de 1969, Castrelo de Miño, Ferrol 10 de marzo de 1972 ou as Encrobas. Mais tamén, polo libro discorren elexías ao Che Guevara ou a Frantz Fanon, figuras que serviron de referentes ideolóxicos a esta xeración. Ademais doutros poemas que constitúen homenaxes explícitas a protagonistas daquel tempo de entusiasmo, confrontación, dor e represión, como os dedicados a “Carmiña” (“Testemuñas os anos dunha loita / de terra e tempo”) e a Reimundo Patiño, por só citar algunha destas pezas.
María Xosé Queizán, como xa fixera noutras ocasións, emprega o poema como rexistro ensaístico, fuxindo do intimismo e verquendo toda a súa intencionalidade social humanista para conseguir un poemario inusualmente comprometido e irado no contexto da poesía galega actual. Eis o título, rotundo, provocador e luminoso como metáfora daquel tempo onde agromou, con tanto esforzo, a esperanza da liberdade.
https://bretemas.gal/wp-content/uploads/2014/03/queizan.jpg
116
195
bretemas
https://bretemas.gal/wp-content/uploads/2018/09/logobr2-2.png
bretemas2007-06-20 11:01:002007-06-20 11:01:00"Cólera" de María Xosé Queizán
https://bretemas.gal/wp-content/uploads/2014/03/cuerpo_58437.jpg
133
195
bretemas
https://bretemas.gal/wp-content/uploads/2018/09/logobr2-2.png
bretemas2007-06-18 20:29:002007-06-18 20:29:00"Illa Soidade", adianto do primeiro capítuloHoxe o Luzes de El Pais Galicia publica varios artigos arredor dos Premios Xerais:
https://bretemas.gal/wp-content/uploads/2018/09/logobr2-2.png
0
0
bretemas
https://bretemas.gal/wp-content/uploads/2018/09/logobr2-2.png
bretemas2007-06-15 07:46:002007-06-15 07:46:00Premio Xerais 2007, os artigos de Luzes
Hoxe subimos o adianto en PDF de cinco (das oitenta e catro) minihistorias que conforman Minimaladas, a obra de Carlos López gañadora do Premio Merlín 2007.
https://bretemas.gal/wp-content/uploads/2014/03/Carlos01.jpg
200
160
bretemas
https://bretemas.gal/wp-content/uploads/2018/09/logobr2-2.png
bretemas2007-06-13 10:33:002007-06-13 10:33:00"Minimaladas", adianto de cinco historias
Hoxe subimos o adianto en PDF do primeiro capítulo de Cardume, a novela de Rexina Vega gañadora do Premio Xerais 2007. Boa lectura!
https://bretemas.gal/wp-content/uploads/2014/03/0174762001181554510-rexina-recolle-o-premio.jpg
150
200
bretemas
https://bretemas.gal/wp-content/uploads/2018/09/logobr2-2.png
bretemas2007-06-12 18:46:002007-06-12 18:46:00"Cardume", adianto do primeiro capítulo
https://bretemas.gal/wp-content/uploads/2018/09/logobr2-2.png
0
0
bretemas
https://bretemas.gal/wp-content/uploads/2018/09/logobr2-2.png
bretemas2007-06-11 17:29:002007-06-11 17:29:00"Illa Soidade", testemuño dun xurado
Ás
primeiras informacións sobre o fallo dos Xerais, aparecidas onte nas edicións electrónicas dos xornais, engadíronse hoxe outras referencias nos blogs e nos espazos culturais electrónicos:
https://bretemas.gal/wp-content/uploads/2014/03/premiosc.jpg
300
400
bretemas
https://bretemas.gal/wp-content/uploads/2018/09/logobr2-2.png
bretemas2007-06-11 16:43:002007-06-11 16:43:00Premios Xerais 2007, a repercusión nos blogs