A poesía e o PXOM
/en Vigo/por bretemasContedores e contidos
/en Artigos, Artigos Faro de Vigo, Cultura, Vigo/por bretemas
No artigo da semana abordo o que veu sendo unha das miñas preocupacións da semana, a relación entre os contedores e os contidos dos espazos da cultura.Foto da Casa das Palabras de J.Albertos.
Serea pétrea
/en Cultura, Vigo/por bretemas
Afortunadamente a serea pétrea formará parte da rede galega de museos. Tarde piaches! Agardemos que rematen as obras canto antes e volva abrir as portas coa súa exposición permanente.A foto é de Óscar Reixa.
Os merdeiros de Vigo
/en Festas, Vigo/por bretemasBeleza imperfecta
/en Vigo/por bretemas
Gustei deste artigo sobre a nova arquitectura de Vigo, que aparece hoxe en Babelia. É alentador que esta mirada desde fóra exprese a beleza estrepitosa ou contraditoria dunha cidade revolcada, que tantas veces temos definido como á da abella da ribeira de xenerosidade escueta e latexo acelerado. Unha páxina xornalística que vale moito máis para a proxección internacional da cidade que esoutra propagandística, enchida de tópicos e nécoras, pola que o equipo de Corina debeu pagar estes días un potosí. Sen dúbida é un bo reclamo turístico ese de cidade de beleza imperfecta. Apuntareino na colección de metáforas viguesas que veño recollendo desde hai anos.
Outro blog sobre Vigo
/en Blogs, Vigo/por bretemasDespois da regata
/en Artigos, Artigos Faro de Vigo, Vigo/por bretemas
No artigo da semana reflexiono sobre os problemas municipais en Vigo despois de finalizada a saída da Volvo e as razóns da chamada estratexia 2005 de Corina Porro.

Manuel Bragado Rodríguez (Vigo, 1959) é mestre, editor e activista cultural. Orientador do CEIP de Laredo e CEIP de Cedeira de Redondela, foi director de Edicións Xerais de Galicia S.A. (1994-2018).
Recomendo
Últimas anotacións
O Vigo de Otero Pedrayo6 de Xaneiro de 2026 - 9:54 a.m.
Aguinaldo4 de Xaneiro de 2026 - 3:06 p.m.
Contafíos31 de Decembro de 2025 - 5:53 a.m.
Vigo en tres paisaxes30 de Decembro de 2025 - 7:02 a.m.
Primeiro Conto de Nadal24 de Decembro de 2025 - 6:57 a.m.








