Decálogo do galego
/en Presentacións, Vídeos, Xerais/por bretemas
A presentación que fixemos d’ Os Grouchos de Manolo Rivas en Santa Comba tivo dúas versións do Decálogo do galego. Aínda botamos unhas risas. Beizóns, Pawley.
"De aldeanos" ("De aldeáns")
/en Lingua, Recurso_didáctico, Vídeos/por bretemasEuropa ten medo
/en Dereitos_humanos, Política, Vídeos/por bretemasA aprobación polo Parlamento Europeo, por práctica unanimidade, da chamada directiva da vergonza, contando co vergonzoso apoio do goberno Zapatero (vaia comezo de segunda lexislatura que leva!) e do grupo socialista europeo, amosa que os eurócratas (os posuidores da marca “Europa”) teñen medo a enfrontarse aos ultraconservadores populistas europeos (Berlusconi, Sarkozy e compañía) e escasa coraxe cívica para defender os dereitos humanos. Este claro recorte de dereitos á poboación inmigrante –unha posición xenófoba, queirámolo ou non– amosa moito medo ao diferente e auténtico pavor a perder os privilexios dos que gozamos os europeos a costa do malvivir dos países dese chamado Terceiro Mundo. Poden considerarse as persoas ilegais? Pode aceptarse unha retención de dezaoito meses nun centro de internamento por cometer o “delito” de querer vivir en Europa? Esta é a Europa que queremos construír como o grande proxecto político do século XXI? Con esta medida, como sinala Juan Varela, dá vergonza chamarnos europeos.
Llegir en valenciá
/en Lectura, Promoción do libro, Publicidade, Vídeos/por bretemasVía: Joan Carles.
"Chega de saudade"
/en Música, Vídeos/por bretemasPalabras para cambiar o mundo
/en Autores, Eventos, Lectura, Libro, Vídeos/por bretemas
“Todas as persoas necesitamos de historias, de soños, de palabras. Para entender o mundo e para entendernos a nós mesmos. Para soñar outras vidas, para loar todo o que a vida nos dá, para vencer o espanto da morte. É curioso: as vellas palabras de Cunqueiro volvémolas atopar hai pouco en boca do estadounidense Paul Auster ao recibir, hai agora dous anos, o premio Príncipe de Asturias: “Necesitamos historias case tanto coma o comer, e sexa cal sexa a forma en que se presenten –na páxina impresa ou na pantalla da televisión- resultaría imposible imaxinar a vida sen elas.
Coma o comer, como beber auga, xaora que si. As persoas non poderiamos vivir sen o alento da imaxinación e dos soños. E, aínda que unha boa parte desa sede, desa fame, a saciamos a través das múltiples pantallas coas que convivimos, non podemos esquecer que a orixe de todas as historias está nos libros. Pois os libros conteñen os soños, as paixóns, os medos, as risas: neles están a imaxinación, os sentimentos e experiencias das persoas, das que viven agora en calquera lugar do mundo e das que desapareceron hai moitos anos. José Ángel Valente escribiu, nun poema memorable, “el que da una palabra, da un don”. Pois iso son os libros, ríos de palabras que se nos ofrecen con xenerosidade para axudarnos a aprender mellor o oficio de vivir.”
Os futuros do libro
/en Lectura, Libro, Vídeos/por bretemas
Manuel Bragado: os futuros do libro from Martin Pawley on Vimeo.
Un anaco da conferencia de onte na Coruña. Obrigado, Pawley, pola gravación.
A lectura en pantallas
/en Edición, Lectura, Literacidade, Vídeos/por bretemasEsta constatación, ademais das súas consecuencias sobre a necesaria alfabetización informacional, non debe levar só aos habituais “consellos de blogueiros” sobre a necesidade de publicar na rede textos breves (ese famoso pantallazo de 200 palabras), xa que o internauta non lería máis, senón á reflexión fulcral que sobre a mesma cuestión propón Txetxu: “non tería máis sentido pensar e investir en novos contidos máis adaptados ao medio y ver logo qué alianzas de significado poden chegar a existir con outras canles e soportes? Se toda a lectura sobre pantallas vai ser zapeada e fráxil, pode adaptarse esta textualidade a calquera tipo de contido ou aqueles que precisan de maior vagar e reflexión? Aí poden estar algunhas das maiores limitacións da literacidade electrónica.
A lectura e a edición (tanto a analóxica como a dixital) requiren acougo, tempo e tranquilidade; requisitos imprescindibles para unha abordaxe tanto crítica como gozosa, como cognitiva (habería que engadir, como ben sinala a anotación de Joaquin Rodríguez) da textualidade. Nun momento de cambio de paradigma e de evolución do sector do libro (na coexistencia ou integración de textualidades e soportes), a clave, como temos sinalado tantas veces, está nas políticas de lectura e na necesidade de formación do criterio lector en ambas as dúas textualidades, a impresa e a electrónica (que requiren estratexias diferentes).
Nesta intervención de Txetxu (oito minutos) nas xornadas sobre “Ler en pantallas” poden estar outras claves prospectivas sobre o futuro dunha edición racional e sostible (sobre todo o novo proceso multimodal de creación e lectura sobre os contidos).
Outros dereitos para os autores
/en Edición, Literacidade, Vídeos/por bretemasManuel Bragado Rodríguez (Vigo, 1959) é mestre, editor e activista cultural. Orientador do CEIP de Laredo e CEIP de Cedeira de Redondela, foi director de Edicións Xerais de Galicia S.A. (1994-2018).
Recomendo
Últimas anotacións
- O triángulo vermello25 de Decembro de 2024 - 11:47 a.m.
- A estrela dos afectos24 de Decembro de 2024 - 10:56 a.m.
- Solsticio celta23 de Decembro de 2024 - 9:44 a.m.
- Os Baltar18 de Decembro de 2024 - 4:17 p.m.
- AVE polo Miño17 de Decembro de 2024 - 7:05 a.m.