Gaza: unha lección exemplar
/en Dereitos_humanos, Educación_para_a_Paz, Palestina, Vídeos/por bretemasOnte na tertulia d’ A Crónica da Radio Galega, o condutor do programa, Luís Ojea, entrevistou ao escritor Miguel Anxo Murado arredor da invasión de Gaza polo exército israelita. Murado, moi bo coñecedor do conflito, axudounos a comprender os termos reais nos que se está desenvolvendo esta traxedia. “Chamarlle guerra a este conflito é moi esaxerado. É a batalla máis desigual do século XXI. A diferencia do conflito do Libano de 2006, en Gaza non hai retagarda.” Para o autor de Fin de século en Palestina “o goberno israelita, en plena campaña electoral, aspira a dar unha lección exemplar, un castigo colectivo ao pobo palestino. Cando consideren que xa está dada, se retirarán como sucedeu noutras ocasións”. Murado lembrou que o 70% da poboación israelita apoia esta invasión. “O 40% votou a partidos de extrema dereita e o 22% á dereita, a Kadima.” Con respecto aos palestinos, “a diferenza entre Hamás e a OLP é moi pequena. É xeracional e xeográfica. Non esquezamos que Hamás foi apoiada inicialmente por Ariel Sharon que consideraba que polo seu carácter relixioso sería máis conservadora ca OLP”. Rematou a súa intervención Miguel Anxo lembrando as orixes do conflito no 48, cando se produciu a deportación do 80% da poboación palestina, e “o inevitable cambio de posición que adoptará Obama, aínda que non será radical”.
A matanza de hoxe nunha escola da ONU, onde se refuxiaban civís palestinos, demostra, outra vez máis, o cinismo do goberno israelita que unha e outra vez xustifica o seu castigo baixo o peregrino argumento de que “os membros de Hamás se agachan entre os civís”. En todo caso, semella que o pretenden con esta invasión (despois de dez días de durísimos bombardeos), tanto a ministra de Exteriores como o ministro de Defensa, é consolidar o seu castigo antes da toma de posesión de Obama. Así demostrarían firmeza diante do seu electorado. Despois das eleccións de febreiro, abrirase unha nova etapa. Mentres, un millón e medio de palestinos non teñen sequera por onde fuxir. Os interrogantes quedan abertos.
A matanza de hoxe nunha escola da ONU, onde se refuxiaban civís palestinos, demostra, outra vez máis, o cinismo do goberno israelita que unha e outra vez xustifica o seu castigo baixo o peregrino argumento de que “os membros de Hamás se agachan entre os civís”. En todo caso, semella que o pretenden con esta invasión (despois de dez días de durísimos bombardeos), tanto a ministra de Exteriores como o ministro de Defensa, é consolidar o seu castigo antes da toma de posesión de Obama. Así demostrarían firmeza diante do seu electorado. Despois das eleccións de febreiro, abrirase unha nova etapa. Mentres, un millón e medio de palestinos non teñen sequera por onde fuxir. Os interrogantes quedan abertos.
Recomendo seguir a información que dende a Faixa publican os blogs Moments of Gaza (mantido por Natalie Abou Shakra, activista libanesa do Movemento Free Gaza) e In Gaza (aquí pode lerse a tradución portuguesa dunha das anotacións de hoxe), ademais de Electronic Intifada (algúnhas das súas anotacións están traducidas por Amálgama).
Feliz noite de reis
/en Música, Vídeos/por bretemasSempre gustei desta balada de Frankie Goes To Hollywood (do vídeo, menos). Saudades de picariños…
This Is Where We Live
/en Editores, Libro, Promoción do libro, Vídeos/por bretemas
This Is Where We Live from 4th Estate on Vimeo.
Unha cidade de libros. Precioso vídeo promocional con motivo do 25 aniversario de 4th Estate Publishers.
Grazas, Dorfun.
MOITO VENTO NAS VELAS PARA 2009
/en Beizóns, Efemérides, Festas, Música, Vídeos/por bretemasQue haxa moito vento nas velas para 2009!
Con todos os abrazos e beizóns.
Con todos os abrazos e beizóns.
[A miña inevitable homenaxe de fin de ano a Oasis e unha rareza simpática]
O Apalpador e outros mitos
/en Artigos, Artigos Faro de Vigo, Festas, Vídeos/por bretemasNo artigo da semana apoio a difusión do mito do Apalpador ou Pandigueiro, como figura do futuro nadal galego.
Masacre en Gaza. Que noxo!
/en Dereitos_humanos, Educación_para_a_Paz, Palestina, Vídeos/por bretemasO brutal ataque israelí de hoxe sobre os territorios da franxa de Gaza sáldase con douscentos mortos e varios centenares de feridos. A acción de guerra israelí máis cruenta das dúas últimas décadas. Por moito que os sionistas queiran xustificar que se trata da lexítima resposta dun estado democrático para defender a súa poboación civil dos ataques de Hamás, e que se fora necesario «será proseguida, extendida e intensificada canto faga falta», non estamos mais que diante doutra falconada asasina dun goberno que sabe non vai ser corrixido pola comunidade internacional. Que noxo! É posible que a Unión Europea, máis alá da condea protocolaria de Sarkozy (igualando con enorme desfachatez as accións de guerra dos dous bandos), permaneza de brazos cruzados diante deste Guernica do século XXI? As mudanzas na presidencia estadounidense axudarán a parar esta infamia? É posible que o pobo xudeu, máis alá dos seus gobernos, non contemple ningunha outra saída para poñerlle couto a esta barbarie contra o pobo palestino?
Soños adiante!
/en Beizóns, Festas, Música, Vídeos/por bretemasNesta noiteboa, os meus mellores desexos para todos e todas.
Soños adiante!
Soños adiante!
«Ninfa das frescas augas»
Texto: Rosalía de Castro (adaptación)
Música: Roi Casal.
Con Agustín en Vilalba
/en Autores, Eventos, Vídeos/por bretemasTemos que agaradecerlle a Martín Pawley que o domingo 14 de decembro gravase pacientemente todas as intervencións da homenaxe que lle tributamos a Agustín Fernández Paz en Vilalba.
Só para maqueiros
/en Tecnoloxías, Vídeos/por bretemas
Saudades que temos os maqueiros.
Vía Islas Cíes.
Manuel Bragado Rodríguez (Vigo, 1959) é mestre, editor e activista cultural. Orientador do CEIP de Laredo e CEIP de Cedeira de Redondela, foi director de Edicións Xerais de Galicia S.A. (1994-2018).
Recomendo
Últimas anotacións
- Lar20 de Novembro de 2024 - 10:22 a.m.
- Festa do cabazo19 de Novembro de 2024 - 9:45 a.m.
- Pregón da festa do cabazo17 de Novembro de 2024 - 9:02 p.m.
- Xigantes da lectura13 de Novembro de 2024 - 10:32 a.m.
- Discurso de recepción do premio «Lenda do recreo»12 de Novembro de 2024 - 9:36 a.m.