
Liberation
Prometinme non postear sobre a
noticia; sen embargo, a saturación mediática abafante impídeme non facelo. Os
medios mundiais máis influíntes, especialmente as
teles públicas, axeonlláronse diante do poder da Igrexa e o seu control do
rito e do espectáculo de masas. A pesar da crise do seu cadro de persoal (especialmente en España) que sofre, a Igrexa católica amósase, nestes seus días de gloria, orgullosa da súa capacidade de influenza sobre a maioría dos estados.
Non vou criticar aquí ao
papa Wojtyla; quédome coa súa oposición á guerra, o seu respecto para todas as linguas, etnias e pobos e a súa defensa dos dereitos humanos. Sen embargo, escoitando os ditirambos elexiacos do correspondente no Vaticano da
televisión pública, pregúntome: u-lo estado laico, ou canto menos aconfesional, ao que todos temos dereito?
Non dubido da importancia para a humanidade da morte deste
vixía da tradición e, tampouco, do respecto que merecen as exequias deste
velliño entrañable. Sen embargo, todo este espectáculo audiovisual asolagante (rosarios, cánticos e misas retransmitidas en directo), tan coidadosamente
improvisado, irrítame profundamente. E o que está por
chegar nos
vindeiros días…