Juan propón o debate sobre a posibilidade de insertar reclamos publicitarios nos libros. Existen
experiencias xaponesas nas que se emprega unha sobrecuberta desbotable para incluír o apoio publicitario.
Se partimos de que o importante é a lectura (a actividade que define o libro e a edición) está posibilidade non me parece desprezable, sempre que este apoio publicitario redunde no prezo (que debe continuar sendo fixo) a pagar polo lector. Sabemos que cando compramos un xornal ou unha revista impresos ou as lemos na rede, os ingresos publicitarios son os que permiten a viabilidade dos seus editores. Existe algunha razón para que non suceda así co libro? Algunhas experiencias de esponsorización de libros por parte de entidades privadas son xa as que están permitindo a publicación de determinados títulos. Tirar por ese fío, creo que pode ser unha das alternativas para o futuro da lectura (e máis nun país e nunha lingua como a nosa cun reducido número de lectores).