Marilar Aleixandre gañadora do V Premio de Poesía Caixanova-Pen Club
/en Autores, Beizóns, Poesía, Premios/por bretemasCarrilanos, novo premio
/en Cine, Premios, Xerais/por bretemasBlúmsdei: quitar o corsé
/en Críticas, Narrativa, Premios, Xerais/por bretemas“Sería moi cómodo interpretar Blúmsdei pola súa superficie, dialéctica. Polo seu carácter discursivo ou pola aparente eliminación de convencións que implican por igual aos métodos narrativos e ao sucederse das ideas. Sería rebuscado interpretalo estudando profundidades para levarlle a contraria ao autor porque de superficie e de fondo o último libro de Cid Cabido é un exercicio de literatura que disimula a exposición pero non a súa profundidade.
En moitos sentidos este libro é o da construción dunha narratividade que elimine as imposturas, as propias da literatura máis próxima e aquelas que proceden dos seus entornos socializantes. En certo sentido, de tanto esquivar modelos estetizantes, de construción politicamente correcta ou mesmo de acabado académico, Cid Cabido, afonda no coloquial como forma de prevención de calquera modo de esclerose formal.
As árbores que constante move o escritor diante dos ollos lectores chaman polo bosque das circunstancias: as do escritor seriamente apeado do pedestal da autoridade moral, a da memoria inevitablemente ameazada polas lagoas, a da perversión histórica das relacións entre o narrador e mais o lector e algunhas outras circunstancias que imos chamar menores para que ninguén pense que confundimos vida con obra e que Cid Cabido decide descolocar polo método de colocalas xusto no lugar que lle corresponde.
Xoga coa lingua e coa linguaxe e mesmo xoga coa idea dunha cultura excesivamente dependente da súa capacidade memorística. Por baixo da aparentemente inmediata organización coloquial do texto, por entre a aparencia anárquica da relación co lector, van aparecendo argumentos pouco dados á frivolización. E pode parecer que Cabido frivoliza coas formas, pero en absoluto cos argumentos. Sobre a dobre vía o autor de Días contados, vai sinalando sen demasiadas concesións algúns dos paradoxos aos que estamos sometidos desde o aquí e desde o agora. Desde a asunción da condición de escritores que escriben para entre eles ata a relativización da importancia do feito artístico. Son argumentos non chegan ao lector pola vía do apostolado intelectual, do enunciado filosófico senón desde a operatividade narrativa. En fin hai moitos anos que deberiamos ter obviado o debate entre acción e narración e non deixarse seducir por cousas tan peregrinas.
No texto de Cid Cabido pasan cousas, todas elas desde unha rememoración case automática, como se a memoria fose unha extremidade orgánica que colga de nós pero con certa autonomía. Pasan cousas que un lector pode calcular que forman parte do cotián e quizais non se equivoque, pero a intención é ir do particular ao xeral. Todo está ligado. Mesmo ese permanente xogo de ir adiando o suposto motivo literario do texto é outra indicación de que a literatura é algo residual fronte as dimensións da vida. Pero se a explicación queda excesiva quizais chegue con dicir que Cid Cabido non parece moi decidido a afortalar aquelas actitudes nas que, en sentidos diversos, se acaba por sacralizar o papel do escritor. Por iso o libro é, en realidade, unha narración dunha exactitude vital: como un humano mirado desde a lente do microscopio”. Camilo FrancoEtiquetas: Cid_Cabido, Camilo_Franco,
Blúmsdei, gañador do Táboa Redonda 2006
/en Beizóns, Narrativa, Premios, Xerais/por bretemasBlúmsdei de Cid Cabido foi a obra gañadora do Premio Táboa Redonda ao mellor Libro Galego do ano 2006, outorgado entre os seus lectores polo Diario de Pontevedra e El Progreso de Lugo. A pesar de que esta novela non foi nin presentada en actos públicos nin apareceron entrevistas ningunhas nos medios, por desexo do seu autor, semella que, aínda así, puido abrirse unha fenda no interese e no apoio dos lectores. Ata agora foron escasas as referencias críticas aparecidas, coa excepción, que coñezamos nós, dos textos de Syldabija e Manuel Rodríguez Alonso. Agardamos que este recoñecemento axude a visibilizar unha obra que, afastándose das convencións da narrativa de ficción clásica, empregando a adxetivación especular ou simétrica e os constantes cambios de rexistro idiomático, aposta por liñas de literatura de investigación. Beizóns para Cid Cabido.
A crítica dos nosos premios
/en Críticas, Literatura infantil e xuvenil, Narrativa, Premios/por bretemasNon podo negar que estou moi satisfeito da aparición das primeiras críticas que están recibindo as tres obras gañadoras dos nosos premios deste ano:
- Premio Merlín de literatura infantil: “Un premio Merlín engaiolante“.
- Premio Fundación Caixa Galicia de literatura xuvenil: “Nazis e okupas nas montañas luguesas“, “Hippies e nazis en Galicia“, “A cova das vacas mortas de jaureguizar“.
- Premio Xerais de Novela (presentámolo por vez primeira mañá martes en Compostela): “O último premio Xerais“.
A aparición das primeiras valoracións das obras que publicamos é un momento importante do proceso de edición, tanto para o autor como para o editor. A partir dese momento é cando podemos afirmar que os libros o son. Mágoa que existan aínda tan poucos espazos para a crítica literaria, especialmente nos medios analóxicos impresos. Son vitais para podermos existir.
Pedras da Memoria
/en Eventos, Premios/por bretemasPedras da Memoria
Coa intención de reivindicar que o Parlamento de Galicia redacte e aprobe unha Lei da Memoria Democratica, que implique o recoñecemento xurídico das vítimas da ditadura, artellada sobre os 13 puntos recollidos no manifesto “Republicando” (o manifesto da “Memoria silenciada”), a Asociación Pola Memoria Histórica do 36 de Vigo organiza o 28 ás 12 horas e nas instalacións da Estación Marítima de Trasatlánticos un acto no que se entregarán as Pedras da Memoria a distintas persoas que se teñen significado polo seu traballo a prol da recuperación da memoria democrática. O acto contará coa presenza da neuróloga danesa Inge Genefke (Copenhague, 1938), fundadora do Consello Internacional para a Rehabilitación das Vítimas da Tortura (IRCT), unha ONG internacional que defende e proporciona tratamento terapéutico, psicolóxico e recuperador ás persoas que foron vítimas de torturas e que posúe oficinas en 100 países e atende e trata a 100.000 persoas cada ano ano. A película La vida secreta de las palabras de Isabel Coixet está inspirada na loita desta muller, que leva máis de 30 anos investigando e loitando contra a tortura.
Actualización (29-10-2006):
- No artigo da semana amplío esta reflexión.
- Información sobre os actos do itinerario lorquiano de Lugo: La Voz de Galicia, El Progreso.
"Rúa Carbón" finalista do Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil 2006
/en Literatura infantil e xuvenil, Premios/por bretemasPremio Biblos
/en Premios/por bretemasHoxe iremos á Casa do Bachao para participar no Premio de Biblos Pazos de Galicia. Este ano Darío será o titor que traballe durante varios meses cun escritor ou escritora (menor de vinte e cinco anos) na redacción da súa primeira novela. Unha iniciativa magnífica como tantas outras as que veñen desenvolvendo Tucho e Carmela dende o seu clube de lectores.
Fallado o VIº Premio Lecturas de Galix
/en Cómic, Literatura infantil e xuvenil, Premios, Xerais/por bretemasHoxe coñecimos o fallo do VIº Premio Lecturas de Galix, outorgado por xurados de lectores e lectoras de diversas bibliotecas aos mellores libros de literatura infantil e xuvenil en galego do ano 2004. Foron os gañadores Raquel ten medo de Agustín Fernández Paz e Marina Seoane (na categoría de 7 anos e na de mellor libro ilustrado); Eu son adoptada, e que? de Xosé Antón Neira Cruz (na categoría de 8 a 11 anos); O solpor da Prehistoria de Pepe Carreiro (na categoría de 11 a 14 anos) e Campos de Cuba de Fran Jaraba (na de maiores de 14) foron os gañadores. É moi significativo que os dous últimos títulos premiados fosen libros de cómic, o que demostra a aposta dos lectores novos por esta narrativa debuxada.
Manuel Bragado Rodríguez (Vigo, 1959) é mestre, editor e activista cultural. Orientador do CEIP de Laredo e CEIP de Cedeira de Redondela, foi director de Edicións Xerais de Galicia S.A. (1994-2018).
Recomendo
Últimas anotacións
- Castelao 758 de Xaneiro de 2025 - 11:12 a.m.
- Aniversarios 20257 de Xaneiro de 2025 - 10:51 a.m.
- Brétemas 20 anos3 de Xaneiro de 2025 - 5:40 p.m.
- Axendas1 de Xaneiro de 2025 - 10:44 a.m.
- 2025, quere celebrado con ansia e esperanza31 de Decembro de 2024 - 4:27 p.m.