O terceiro mundo no arrabalde do imperio
/en Política/por bretemas
Juan publica un post sobre o que está sucedendo en Nova Orleans verdadeiramente memorable. Que máis se pode dicir? Recomendo vivamente consultar todos os seus enlaces.
Willysifones, tamén, ten outro, sobre o mesmo tema, magnífico.
E Acedre continúa informando desde alí.
Actualización (03-09-2005): Imprescindibles os dous posts que lin hoxe de Ian.
Moqueta no Obradoiro
/en Política/por bretemas
Vin pola televisión o acto do Obradoiro e quedei ben chafado. Vaia por diante que non teño saudades ningunhas das bandas marciais doutrora, porén pareceume lamentable e innecesario cómo se intentou cubrir a praza con moqueta de cores.O vídeo, o gaiteiro, os poemas de Seoane e Pimentel, e a Real Philarmonía: ben. O resto, penso que é máis prudente ser piadoso e non cualificalo con severidade.
A cerimonia pareceume fría e pretenciosa (lonxe da austeridade e sinxeleza pretendida), carente do ritmo, das sorpresas e das metáforas imprescindibles (alí non se deitou pinga ningunha de alegría) que marcasen unha secuencia narrativa de interese para o público. E o que máis lamento, os organizadores visualizaron nos asistentes unha disposición elitista (retratada, unha e outra vez, pola retransmisión) máis propia dun gabinete de comunicación que quere marcar distancias (os privilexiados convidados, diante sentados) que dunha auténtica exaltación popular (a xente, detrás, no poleiro das escadas da catedral). Errarron os organizadores con esta escenografía tan rebuscada que pretendía distanciarse explicitamente das gaiteiradas como, implicitamente, da imaxe das concentracións cívicas que alí se celebraron.
Había motivos dabondo para realizar unha cerimonia distinta e elegante que marcase nas formas a alborada deste tempo novo. Mais, tamén, existían razóns sobradas para recabar a participación da xente xa que, en definitiva, foi a maioría da cidadanía galega a que impuxo este goberno conxunto.
A verdade é que quedei chafado porque neste día tan sinalado agardaba aplausos máis entusiastas e maior emoción nas palabras e nas imaxes. Con todo, o importante é que mañá xa contaremos cun novo goberno. Isto é o decisivo.
Avante!!!
/en Política/por bretemas
Acertamos só dous resultados da nosa quiniela sobre as consellarías nacionalistas. Como supoñía houbo algunha sorpresa, aínda que se mantiveron os criterios previstos. As catro eleccións parécenme acertadas e ilusionantes. Na beira socialista, o perfil político escollido parece máis baixo, o que agardamos no empece a eficacia e o rigor que deles se agarda.
Foto: Xurxo Lobato.
Quiniela nacionalista
/en Política/por bretemasVinte e cinco
/en Política, Vigo/por bretemas
Case todos os anos imos a Compostela o vinte e cinco. Onte foi un dos mellores que recordo, e non só porque a Quintana estivese ateigadiña e o discurso fose magnífico e esperanzador (gustoume moito a sucesión de metáforas coa que rematou: Curros, Novoneyra, Celso e Novoneyra de novo, “… a forza do noso amor non pode ser inútil”), se non e, sobre todo, porque no Festigal (cada ano consolídase máis) se percibía alegría e disposición a emprender unha ilusionante nova tirada.
Satisfacción que non ocultaba, en varias conversas que tiven, a enorme preocupación pola situación de Vigo. Non entendo as razóns que levan aos concelleiros nacionalistas vigueses a axudar a manter de facto a Corina (cos seus modos autoritarios) á fronte do concello. Temo que esta defensa numantina do Plan Xeral poida volverse coma un bumerang contra o BNG e erosionar gravemente a credibilidade do goberno conxunto. Para as executivas nacionais do PSdeG-PSOE e BNG é imprescindible endereitar esta deriva de Vigo.
Cambios á vista
/en Política/por bretemasSintonía
/en Política/por bretemas
Esta magnífica foto de Xurxo expresa a sintonía de Touriño e Quintana durante o acto histórico de onte. Tiven a oportunidade de asistir e emocionarme nese longo e intenso aplauso que rubricaba a asinatura do acordo. Se as formas (elegancia, diálogo e firmeza) expresan o substancial do contido, podemos estar moi esperanzados: xa comezou un tempo novo.Acordo de goberno
/en Política/por bretemas-Desenvolvemento do plan xeral de normalización lingüística aprobado polo Parlamento en 2004, con dotación orzamentaria, programación e avaliación anual
-Creación dunha Institución para a promoción exterior da lingua e da cultura de Galicia.
-Comunicacións orais e escritas e promoverá o seu uso normal nos servizos e dependencias da Administracións autónoma e das Administracións locais. Garantirase en todo caso o dereito dos cidadáns a ser atendidos en galego en todas as súas relacións coa Administración.
-A Administración galega velará polo cumprimento estricto do Plano Xeral de Normalización Lingüística tanto na súa organización interna como nas relacións con outros institucións de Galicia e cos cidadáns,
CULTURA
A cultura, ademais do seu carácter de expresión simbólica dos individuos e das comunidades, é tamén un sector de alto potencial económico, xerador de emprego e de riqueza.
Defendemos unha política cultural baseada na liberdade de creación e na diversidade, na cooperación e na cidadanía. A cultura é a expresión da nosa identidade, a nosa forma de presentarmos noutras sociedades. Cómpre promover a súa internacionalización. A cultura galega ten demostrado en moitas das súas artes, capacidade sobranceira de creación e nivel internacional recoñecido: nas artes plásticas, na música popular e na música culta, na literatura, etc. Pódese facer outras áreas. E pódese incrementar o consumo de produtos culturais, mellorando as taxas de lectura, de asistencia a espectáculos, de participación en actividades de carácter artístico. Unha cidadanía moderna é tamén unha cidadanía cultivada, coñecedora das tendencias, que cubre unha parte do seu tempo de lecer en actividades formativas
A Xunta de Galicia promoverá a cooperación na vida cultural das institucións públicas e privadas: concellos, deputacións, fundacións, colectivos, coordinando iniciativas e procurando sinerxías de recursos.
-Modernización da rede bibliotecaria de Galicia, en fondos e servizos. Fomento da lectura pública coa participación dos medios públicos de comunicación. Pulo da industria editorial e promoción do libro galego.

Manuel Bragado Rodríguez (Vigo, 1959) é mestre, editor e activista cultural. Orientador do CEIP de Laredo e CEIP de Cedeira de Redondela, foi director de Edicións Xerais de Galicia S.A. (1994-2018).
Recomendo
Últimas anotacións
A batalla invisible18 de Marzo de 2026 - 7:45 a.m.
Fernando Franco17 de Marzo de 2026 - 7:36 a.m.
O noso principiño14 de Marzo de 2026 - 6:35 a.m.
Non a guerra, pola paz e a democracia13 de Marzo de 2026 - 5:12 a.m.
Like a prayer9 de Marzo de 2026 - 6:32 a.m.








