Poeta de cidades
/en Críticas, Poesía/por bretemas
Magnífica esta crítica do último libro de poemas de Ramiro que presentaremos o vindeiro mércores.
Kalendas
/en Poesía, Presentacións, Xerais/por bretemas
Viaxamos á cidade da brétema para presentar as Kalendas de Xosé Lois García. O acto, que repetimos ao día seguinte en Chantada, tivo grande altura literaria, sobre todo, pola intervención moi meditada de Xosé Manuel Eiré, quen cualificou o libro “como un proxecto poético absolutamente inusitado, froito dun traballo hercúleo que acaba posuíndo ao lector”. “Poesía océano, esixente e esixida”, foron outras das valoracións de Eiré para este libro nacido da convención formal de manuscribir un poema diario nunha axenda cubana dedicada a José Marti. Almanaque ou axenda poética, xornal lírico, enorme poema que narra a existencia ao longo do ano 2003 do noso maior poeta emigrante, Kalendas é unha proposta que pola súa orixinalidade e dimensión merece non pasar desapercibida.Namorada de outonos e solpores
/en Poesía/por bretemasNamorada de outonos e solpores,
peregrina nas gándaras da vida,
buscaches no tremor da atardecida
fragrancias vellas de ilusións e amores.Sorriron para ti todas as flores,
fíxose a luz roibén na túa ferida
e, por nidios ronseis, a alma durmida
foi desde o abismo ós altos miradores.Inefables paisaxes de harmonía
abríronse ante ti coma agasallo
en volutas de lúa opalescente.Desposaron en lene melodía
os pétalos da luz, a paz do orballo
e o teu corpo, xa lirio evanescente.MARÍA VICTORIA MORENO, 2004
Historia da primeira edición de "Con pólvora e magnolias"
/en Autores, Edición, Historia, Poesía, Presentacións/por bretemas
A presentación da edición ilustrada de Con pólvora e magnolias (o público ateigou coqueto salón de Caixa Galicia) serviu para que Ferrín desvelase nunha intervención preciosa algúns pequenos segredos da primeira edición, aparecida baixo o selo do Grupo de Comunicación Poética Rompente.Ferrín confesou que o libro nacera dalgunha maneira en Compostela en 1976. Pretendeu reunir nun libro poemas, na súa maior parte, publicados en revistas de fóra de Galicia, xa que daquela non existía un grupo de lectores e críticos atentos á edición poética. Ocupouse do “book design” Luís Mariño e da edición Carlos Delgado, imprimíndose o libro en Gráficas Minerva de Santiago. Coa idea de reducir os custes ao máximo utilizouse papel alba (dos de envolver) e unha tinta de cor lila que pretendía reforza o carácter de edición underground precisa nun tempo de ruptura estética e política.
A edición, sufragada polo autor, foi incorporada ao selo Rompente (movemento bautizado con este nome por Bernardino Graña), constituíndo o primeiro libro independente que saíu en Galicia sen consulta previa “voluntaria” (trámite ao que estaban obrigados os editores, que non posuían número de rexistro –todos os galegos, coa excepción de Val de Lemos de Manuel María– e todas as publicacións autoeditadas).
O momento máis emocionante da presentación produciuse cando a actriz Mónica Camaño leu unha escolma de poemas do libro, entre os que destacou a súa interpretación de “Estas como caída” e “Reclamo a liberdade pro meu pobo”. Un acto que verdadeiramente pagou a pena.
Con pólvora e magnolias
/en Poesía, Presentacións/por bretemas
Presentamos en Compostela a edición ilustrada por Sucasas de Con pólvora e magnolias. Estades convidados.
Contra Maquieiro
/en Novidades, Poesía, Xerais/por bretemasO grande mestre organizou estes textos, absolutamente inéditos, en catro grandes apartados:
I. “Contra Maquieiro” (o corpo de trinta poemas que dan título ao volume);
II. “Cuarteto con Alemaña” (catro poemas de verso moi longo);
III. “Ex Senectute” (seis poemas)
IV. “Profecía de Taramundi” (dezanove versículos, case prosas versificadas ao xeito bíblico).
O poemario constitúe unha revista ao século XX, dende a guerra de Cuba ata o seu remate. Velaí os tres primeiros versos do libro, que constituirá o número 10 de Xerais Poesía e aparecerá nas librarías galegas nos primeiros días do mes de novembro:
Dáme Razón un lóstrobo de sombra
pra eu ver a casa dos oprobios os lugares
cóncavos nos que o meu tempo fosforeceu
Xerardor poético
/en Poesía, Tecnoloxías/por bretemasCoraçao do día
/en Poesía/por bretemasEstás so.Desolado e só.E é de noite.

Manuel Bragado Rodríguez (Vigo, 1959) é mestre, editor e activista cultural. Orientador do CEIP de Laredo e CEIP de Cedeira de Redondela, foi director de Edicións Xerais de Galicia S.A. (1994-2018).
Recomendo
Últimas anotacións
Liñas de galego3 de Decembro de 2025 - 9:30 a.m.
Marconi nas Rías Baixas2 de Decembro de 2025 - 5:45 p.m.
Entrevista en Biosbardia2 de Decembro de 2025 - 5:32 p.m.
Dous días negros1 de Decembro de 2025 - 9:19 a.m.
Entropía26 de Novembro de 2025 - 10:53 a.m.






