Entrevista a Xosé Manuel Sarille
/en Entrevistas, Lingua/por bretemasSarille pon o dedo na chaga do galego: o problema da situación “alarmante” da lingua e da súa perda de falantes está na falta de vontade política de todos os partidos con respecto ao proceso de normalización. Diante de tan contundente radiografía, expresada no seu recente ensaio, A impostura e a desorientación na normalización lingüística, Sarille propón abrir un debate sen imposturas nin visións litúrxicas.
Como sucede no eido da edición, da lectura (neste blog tan reiterados) e noutros das políticas culturais, sociais e sectoriais, o futuro dunha lingua que se nos derrama nas mans como area require dun novo programa político compartido que vaia moito máis alá do curtopracismo da presenza dos nacionalistas no goberno. Unha chamada de atención moi oportuna que debemos agradecer.
O viño fala galego II
/en Artigos, Artigos Faro de Vigo, Gastronomía, Lingua, Publicidade/por bretemasNo artigo da semana volvo sobre a proposta de consumir viño etiquetado en galego, aproveitando, tamén, para falar da renovación do sector vitivinícola galego producida nas dúas últimas décadas (un modelo, por certo, do que se poden tirar algunhas experiencias na promoción exterior do libro galego).
O viño fala galego
/en Gastronomía, Lingua, Publicidade/por bretemasDECLARACIÓN DE APOIO Á CAMPAÑA POLA ETIQUETAXE DOS VIÑOS EN GALEGOSe o dinamismo económico e a competitividade dun país son o froito de combinarmos un certo recoñecemento histórico coa capacidade de ofrecer produtos de calidade cunha imaxe atraente, un dos ingredientes esenciais desa combinación deberá ser o respecto e a identificación dos produtos coa cultura da terra e da sociedade nas que se crean. No noso país, iso esixe a incorporación da lingua galega á presentación e divulgación das mercadorías.
Podemos predicar iso de calquera actividade económica e comercial pero é especialmente certo no tocante ó sector agroalimentario pola longa tradición que se agocha trala elaboración, o dinamismo, e o relevo dos seus produtos cun consumo case universal.
O uso da lingua galega na etiquetaxe reforza a vinculación do produto coa sociedade, a cultura e a terra nas que xorde, e esa vinculación das mercadorías galegas con Galicia é un dato avaliado favorablemente, non soamente polos consumidores galegos, senón tamén fóra do noso país.
No sector agroalimentario o viño xoga, desde sempre, un papel relevante polo seu prestixio na sociedade e as súas fortes connotacións culturais.
Iso explica que, como cidadáns de Galicia e consumidores, manifestemos a nosa solidariedade e apoio á campaña en favor do etiquetado dos viños en lingua galega que promove a Asociación de Funcionarios para a Normalización Lingüística de Galicia en colaboración coa Xunta de Galicia a través da Consellería de Medio Rural e a Secretaría Xeral de Política Lingüística.
Animamos aos viticultores, adegueiros e cooperativas a que etiqueten en galego ás súas botellas; ás institucións públicas, os establecementos de distribución e de restauración a que promovan o consumo dos nosos viños de calidade etiquetados na nosa lingua; ós cidadáns, a que apoien activamente a campaña co seu consumo; e ás autoridades autonómicas a que continúen no futuro ese labor de defensa e divulgación da nosa cultura con iniciativas semellantes noutros sectores alimentarios.
É por iso que en Galicia hai cada vez máis denominacións de orixe e indicacións xeográficas protexidas de produtos alimentarios que constitúen un recurso decisivo para o desenvolvemento económico e social do medio rural de cada un dos territorios nos que se elaboran.
Por todo isto, os representantes das institución públicas e personalidades asinantes sumámonos á campaña de normalización lingüística “Deixa que o viño fale. Escolle un viño etiquetado en galego”, comprometéndonos a que nos actos protocolarios, caso de servírense viños, teñan preferenza os etiquetados en lingua galega.
Contos de agardar
/en Artigos, Artigos Faro de Vigo, Lectura, Lingua/por bretemasNo artigo da semana valoro a importancia da campaña de promoción lectora e de uso do galego que se está desenvolvendo nas comisarías de policía. Unha experiencia moi novidosa e meritoria, enmarcada na campaña “En galego, con toda seguridade“, promovida pola Asociación de Funcionarios pola Normalización Lingüística e a Secretaría Xeral de Política Lingúística.
Día europeo das linguas
/en Efemérides, Lingua/por bretemasO Valedor e o galego
/en Lingua, Política/por bretemasMoi mal comeza o novo Valedor do Pobo coas súas primeiras declaracións que rezuman os máis tópicos prexuízos sobre a lingua. Fóra do seu pobre uso do galego, o máis significativo é como se despacha co idioma de todos: unha lingua perigosa para a Xustiza, unha lingua que pode crear animadversión nos alumnos de Secundaria, ademais de considerar a medida da utilización do galego como lingua vehicular nalgunhas materias como unha “posible imposición”…
A anotación de acontrafío de hoxe é moi oportuna, así como o aluvión de críticas que provocaron semellantes e tan desafortunadas declaracións. Este maxistrado posuía o perfil máis axeitado para defender os dereitos lingüísticos de todos os cidadáns, unha das súas principais obrigas? Non semella un golazo en propia meta do bipartito? Oxalá nos equivoquemos: este nomeamento, se non hai unha rectificación inmediata, pode traer moita cola.
Actualización (01-08-2007): Moi clarificador o artigo de Xosé González Martínez (Pepe de Redondela).
A presentación d’ A lingua galega na cidade no século XX de Gabriel Rei-Doval, celebrada onte no Consello da Cultura Galega, supuxo unha reflexión sobre o futuro social da lingua nos medios urbanos, as posibles consecuencias da ruptura do consenso arredor do decreto de uso do galego no ensino e as medidas máis axeitadas para a planificación lingüística.
Ser urbanita e falar galego
/en Autores, Ensaio, Entrevistas, Lingua, Novidades, Presentacións, Xerais/por bretemasQuizais agora haxa menos falantes, pero os que o fan son máis leais e máis competentes. Pero a outra cousa que cambiou radicalmente é a percepción que a xente ten do galego. Agora case todo o mundo é receptivo e positivo coa existencia do galego. Unha percepción que hai trinta anos non era así para nada nas cidades. É posible que a xente non queira falar en galego, pero está mesma xente é favorable ás políticas de normalización ou á presenza do galego na escola. Na historia social da lingua, este é un cambio moi importante.
"A lingua galega na cidade"
/en Autores, Ensaio, Lingua, Novidades, Presentacións, Xerais/por bretemasEsta semana continuamos coas presentacións do libro do sociolingüista Gabriel Rei-Doval A lingua galega na cidade no século XX. Mergullados na falsa e interesada polémica sobre o decreto de uso do galego no ensino non universitario, a obra de Doval constitúe, como sinalou o tamén sociolingüista Fernando Ramallo, “un libro alerta fundamental para entender a situación social da lingua galega durante os últimos vinte e cinco anos”. Ademais de proporcionar e sistematizar milleiros de datos e de realizar un estudo diacrónico da situación do galego nas sete primeiras cidades do país, o libro achega e arrisca reflexións sobre o futuro da lingua (en medios como a familia ou sobre as posibilidades da regaleguización), polo que a súa utilidade para o proceso de planificación lingúística nos medios urbanos resulta evidente.
Manuel Bragado Rodríguez (Vigo, 1959) é mestre, editor e activista cultural. Orientador do CEIP de Laredo e CEIP de Cedeira de Redondela, foi director de Edicións Xerais de Galicia S.A. (1994-2018).
Recomendo
Últimas anotacións
- Os Baltar18 de Decembro de 2024 - 4:17 p.m.
- AVE polo Miño17 de Decembro de 2024 - 7:05 a.m.
- Doutrina 79/201011 de Decembro de 2024 - 9:04 p.m.
- Casal11 de Decembro de 2024 - 8:49 p.m.
- Fusilados no Castro11 de Decembro de 2024 - 8:41 p.m.