Cultur.gal, as primeiras crónicas

Etiquetas: Culturgal

Cultur.gal, venres 11

Entre as actividades da segunda xornada de Cultur.gal destacan o Seminario dobre Comercio Internacional do libro, a presentación do programa MEG (Música en Galicia) promovido por Culturagalega.org, a presentación de Novas de libros (a nova revista de novidades editoriais de todos os membros da AGE) e a emisión en directo do Xabarín Club da TVG.

Outras actividades:

  • Emisións da Radio Galega (17:00-20:00): “As quimbambas”.
  • Presenza de escritores: Jaureguizar, Xosé Neira Vilas e Anisia Miranda, Francisco Xavier Redondo Abal, Agustín Fernández Paz, Eduardo Rolland e Héctor Carré.
  • Documentais: A casa de Lola de Andrés, Cousas de Kulechov, Contactos, Vilaboa: mirando á Meca, Tecendo o fío da memoria, Mundo Bazar, Longo sendeiro de pedra, Danza na terra, Paralelo, Estiven en Galicia e lembreime de ti, Dez olladas, Ecos e La línea.
  • Presentación do disco Engado, música de Xosé Lois Romero para Nova Galega de Danza (Falcatruada).
  • Concerto de Malvela.
  • Proxección do vídeo documental María Mariño de Manuel Forcadela.
Etiquetas: Culturgal

Cultur.gal, xoves 10

Entre as actividades de mañá xoves en Cultur.gal destaca a celebración, a partir das 17,30 horas da xornada “I+C. Oportunidades e desafíos para a cultura galega en Internet” que analizará o momento actual da web e pretende axudar aos creadores e profesionais do mundo da cultura a detectar oportunidades de difusión e de creación nun momento decisivo para a expansión da cultura e da lingua galegas en Internet. A iniciativa é froito da colaboración entre o Consello da Cultura Galega, a través do seu portal culturagalega.org, o programa “+Internet + Galego +Futuro” da Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información da Consellería de Innovación e Industria e a Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural da Consellaría de Cultura e Deporte.

Outras actividades:

  • Inauguración de Quico Cadaval (12:00).
  • Emisións da Radio Galega (15:00-17:00): “Diario cultural” e “Aberto por reformas”.
  • Presenza de escritores: Suso de Toro, Fina Casalderrey, María Reimóndez e Miguel Anxo Murado.
  • Presentación da exposición “Palabras contadas” de Camilo Franco.
  • Presentación de Misturados, disco en directo de Cristina Pato + Mutenrohi (Zouma Records).
  • Documentais: How soon is now?, de Alfonso de la Puente e Soños dende o abismo, de Sandra Sánchez Cachaza.
  • Longametraxes: De profundis, de Miguelanxo Prado e O bosque de levas, de Antón Dobao, adaptación da novela homónima de Alfonso Álvarez Cáccamo.
  • Espectáculo (21:00): Pezas escénicas de Mofa e Befa.
Etiquetas: Culturgal

Cultur.gal, a instalación

Promete o primeiro Cultur.gal. Estivemos boa parte do día traballando nas instalacións do Pazo da Cultura de Pontevedra que eran un bulebule de xente ultimando os preparativos dos stands e da instalación das exposicións. Xa non hai dúbida que tanto polo número de expositores (énchese todo o espazo dispoñible dunha nave enorme), como polo completísimo e diverso programa de actividades paralelas para todas as idades e intereses, como pola calidade no arranxo dos espazos que este é o máis importante evento expositivo da historia da edición galega moderna. Sen dúbida que haberá moitas cousas que mellorar, mais este primeiro Cultur.gal vai supoñer un punto sen retorno para a visibilidade e autoestima do noso sector cultural. Convido a achegarse a Pontevedra (hai un magnífico programa para nenas e nenos) esta fin de semana. Penso que vai pagar a pena.

Etiquetas: Cultur.gal

"Os libros arden mal", premio AELG

Os libros arden mal recibiu onte o seu sétimo premio, o da AELG.
A velada de entrega destes premios, concedidos polos escritores aos seus colegas, resultou moi entrañable e moi ben levada, con enorme elegancia e moito ritmo, por Cesáreo Sánchez Iglesias e Mercedes Queixas. Beizóns para eles dous e o seu equipo.
Especialmente emocionante foron as palabras de Pepetela, que recibiu o “premio de escritor galego”. Ao remate da noite soubemos dunha noticia extraordinaria que, agardo, poidamos anunciar nos próximos días.

Etiquetas: AELG

Cultur.gal, o anuncio

De Sant Jordi ao 17 de maio

No artigo da semana fago unha crónica da experiencia do Sant Jordi 2007 e pretendo sacar algunhas experiencias que se poderían aproveitar para as nosas Feiras do Libro, Culturgal e 17 de maio.

Etiquetas: Artigos

Apoia Cultur.gal

Podes axudar a difusión de Culturgal, a Feira do Libro e da Industria Cultural, na rede colocando na túa web o blog un bánner de apoio á nosa iniciativa.

Etiquetas: Culturgal