Un día para esperanza
[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/SDcC5IYJVX0" width="425" height="350" wmode="transparent" /]Hoxe estaremos na praza da Constitución na «Festa da Solidariedade» que organiza Intermon-Oxfam.
[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/SDcC5IYJVX0" width="425" height="350" wmode="transparent" /]Hoxe estaremos na praza da Constitución na «Festa da Solidariedade» que organiza Intermon-Oxfam.
[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/1CRs-7lRlPo" width="425" height="350" wmode="transparent" /]Apagón, hoxe de 20:30 horas a 21:30 horas.
Recibo con alegría o anunció da convocatoria do XXIII Encontro Galego-Portugués de Educadores pola Paz que se celebrará na Escola Universitaria de Formación do Profesorado de Lugo do 24 ao 26 de abril.
Inevitablemente, este Encontro 2009 terá un carácter especial xa que será o primeiro no que se notará a ausencia de Suso Jares, fundador do movemento de Educadores pola Paz e sempre gran animador destes eventos.
O programa, como na edición do pasado ano, volverá xirar sobre a Educación para a cidadanía e os dereitos humanos. Participarán como conferenciantes e animadores María Rosa Buxarrais i Estrada «Como educar na competencia social e cidadá: ensinando valores«), Ana Sánchez Bello («Cidadanía e xénero») e Juan José Tamayo Acosta («É posible un estado e unha escola laica?». Así mesmo, como é adoito en edicións anteriores, os encontros iniciaranse cunha sesión de xogos cooperativos e pecharanse na tarde do sábado co funcionamento de obradoirosa simultáneos de danzas do mundo, mediación de conflitos, risoteria, confección de monequinos de papel e de xogos cooperativos.
Máis información sobre os Encontros no espazo web de Educadores pola Paz, onde, tamen, se poden descargar as solicitudes de inscrición e aloxamento.
Mañá pola tarde estaremos no IES Sofía de Casanova de Ferrol participando no ciclo «A Wed 2.0, o triunfo da interactividade», organizado polo Centro de Formación e Recursos.
O día 6 de febreiro celebrarase en Vigo o Acto de Homenaxe Nacional a X.L. Méndez Ferrín, con motivo do seu 70 aniversario e da presentación do libro A semente da nación soñada. Homenaxe a X.L. Méndez Ferrín, coeditado por Sotelo Blanco e Xerais. O acto, que se realizará no Auditorio do Centro Social Caixanova de Vigo (rúa de Policarpo Sanz, 26), comezará as 20:00 horas. Entrada libre.
Unha vez finalizado o acto de homenaxe, a partir das 22:00 horas celebrarase unha cea no Pazo Os Escudos, en Alcabre, Vigo. As persoas interesadas en participar na cea deberán ingresar 35€ (trinta e cinco euros) por cuberto na conta de Caixanova número 2080 0065 36 0000388555, antes do 30 de xaneiro de 2009. Para poder acceder á cea é imprescindible a presentación na porta do restaurante do xustificante de ingreso.

Manuel Bragado Rodríguez (Vigo, 1959) é mestre, editor e activista cultural. Orientador do CEIP de Laredo e CEIP de Cedeira de Redondela, foi director de Edicións Xerais de Galicia S.A. (1994-2018).
