Inicio do curso
/en Educación/por bretemas
Como todos os anos, na xornada de inicio de curso teño saudades dos meus anos na escola infantil. Enfrontarme por vez primeira aos novos picariños, con toda a súa vida ás costas (desde os seus medos ao descoñecido á súa valentía para conquistar a autonomía de valerse), foi sempre unha das experiencias que me marcaron.
Na interacción da escola todos os mestres aprendemos dos nenos e todos –a pesar do desgaste emocional deste traballo e das lideiras imprevisibles que poden aparecer cos pequenos– saímos máis humanos.
Hai vinte e dous anos aprendín de Natalia, unha cativa do Budiño, filla dun mariñeiro embarcado no Gran Sole, unha frase que anotei no caderno de textos libres (unha bitácora que gardo como unha alfaia) e que dende entón nunca esquecín:
– Manolo, sabes?: no mar tamén pode chover.
Esta manifestación tan contundente do pensamento animista infantil, explicaba (mellor que calquera manual de Psicopedagoxía dos que estudabamos na facultade) proceso tan complexo como é a consideración da aprendizaxe como construción individual do coñecemento. Débolle ao texto oral de Natalia (hoxe unha muller de vinte seis anos, que non coñezo) comprender que aprendemos cando descubrimos un concepto que desfai o noso coñecemento pretérito. Velaí o papel insubstituíble da escola primeira, que hoxe comezou, para abrir e pechar os conceptos inclusores do coñecemento futuro.
Ten moita razón o Presidente cando afirma que “o futuro de Galicia se xoga cada día en cada centro educativo“. No investimento que os poderes públicos fagan na educación infantil e primaria (na formación e na mellora das condicións de traballo dos docentes, mais tamén, nos espazos e recursos de aprendizaxe, como nos servizos de atención complementaria) está boa parte do noso futuro como sociedade culta e moderna. Como sinala o presidente Lula: ” a educación non é un gasto, é un investimento“.
Nota ao pé: inserto unhas fotografías (que, por prudencia, prefiro non comentar) que enlazo dende o arquivo de imaxes da Xunta (unha fonte moi interesante para seguir as actividades institucionais das distintas consellarías, que non dubido en recomendar).
Retos para a política educativa
/en Educación/por bretemasNon teño dúbidas de que a política educativa debería ser unha das prioridades do novo goberno conxunto. Hai retos abondos: revalorización da rede escolar pública, implantación da nova reforma educativa (que suporá un novo deseño curricular), diminución do índice de fracaso na Secundaria, recuperación para a lingua do papel normalizador da escola, reilusión do profesorado e ampliación dos seus cadros de persoal, implantación da gratuidade educativa (servizos e materiais curriculares), o financiamento universitario e das súas políticas de investigacións… O novo equipo da consellaría ten moita faena para os escasos recursos cos que conta.
Escola pública
/en Artigos, Artigos Faro de Vigo, Educación/por bretemasNo artigo da semana apoio a campaña a prol da defensa da escola pública.
Apoio a Marta Mata
/en Educación/por bretemasRecibo na caixa de correo unha iniciativa oportunísima que merece o meu apoio máis entusiasta.
Transcríboa:
O pasado 17 de febreiro o Consello Escolar de Estado aprobou unha resolución pola que se pedia ó Goberno que a asignatura de relixión deixase de formar parte do currículo na escola pública renegociando os acordos co Vaticano no que fora preciso. A votación, cunha asistencia minoritaria, resultou empatada polo que a Presidenta, Marta Mata, fixo valer o seu voto de calidade para aprobar a resolución. As organizacións e os medios partidarios da situación anterior desenvolveron desde entón unha dura campaña personalizada na figura de Marta Mata pedindo a súa dimisión e rexeitando o contido da resolución. Os que pensamos que a presencia da relixión na escola é un residuo histórico, un atranco para integración e unha vulneración dos dereitos das persoas vemos con preocupación este tipo de actuacións. Pero a preocupación tornase en indignación cando se somete a unha persoa como Marta Mata a todo tipo de recriminacións. Sabemos moi ben o que representa Marta Mata: a continuidade histórica cos tendencias transformadoras da II República, o traballo colectivo dos movementos de renovación pedagóxica durante o franquismo e a persistencia nestas metas na democracia que a levou a presentar a dimisión do Consello escolar do estado durante o goberno do PP e a asumir a presidencia de novo despois do 14 de marzo. Recoñecemos en Marta Mata a un colectivo que loita pola transformación da escola e por iso queremos facerlle chegar a nosa solidariedade e vos invitamos a facelo enviando correos de apoio ó c.escolar@educ.mec.es
ou “pegando” comentarios en
http://martamata.blogspot.com/
Sobre a LOE
/en Educación/por bretemasMellor libro do ano
/en Educación, Historia, Premios, Xerais/por bretemasAlivio
/en Educación/por bretemasNova lei educativa e gratuidade
/en Educación/por bretemas
Manuel Bragado Rodríguez (Vigo, 1959) é mestre, editor e activista cultural. Orientador do CEIP de Laredo e CEIP de Cedeira de Redondela, foi director de Edicións Xerais de Galicia S.A. (1994-2018).
Recomendo
Últimas anotacións
Liñas de galego3 de Decembro de 2025 - 9:30 a.m.
Marconi nas Rías Baixas2 de Decembro de 2025 - 5:45 p.m.
Entrevista en Biosbardia2 de Decembro de 2025 - 5:32 p.m.
Dous días negros1 de Decembro de 2025 - 9:19 a.m.
Entropía26 de Novembro de 2025 - 10:53 a.m.

