Carta dende Gaza
/en Dereitos_humanos, Educación_para_a_Paz, Palestina/por bretemasGaza, abrir camiños para a paz
/en Artigos_Xornal.com, Dereitos_humanos, Educación_para_a_Paz, Palestina/por bretemasAntes dos brutais bombardeos desta pasada fin de semana, a estratexia do goberno israelita diante da vitoria de Hamás en 2006, baseárase na chamada «desconexión de Gaza», un bloqueo militar dos seis puntos fronteirizos existentes na Faixa de Gaza con Israel e Exipto, que impedía tanto o movemento de mercadorías básicas como o de persoas. Xustificado como resposta aos ataques palestinos con foguetes ‘qassam’ sobre a cidade israelita de Sderot, este bloqueo por terra, mar e aire –destinado, tamén, a afondar no conflito civil palestino entre Hamás (o partido islamista, claro gañador das últimas eleccións) e Al Fatah (o partido laico, que ostenta de forma moi precaria a presidencia da Autoridade Palestina, co apoio estadounidense e da Unión Europea)– provocou unha auténtica emerxencia humanitaria na Faixa, diante do silencio dunha comunidade internacional que, coa excepción do traballo dalgunhas organizacións de cooperación e dereitos humanos, permaneceu totalmente allea a este inxusto castigo colectivo que o estado de Israel infrinxe sobre toda unha poboación civil.
Desgraciadamente, a tregua de apenas seis meses asinada, coa mediación exipcia, por Hamás e Israel, non serviu nin para aliviar este cerco nin para diminuír o nivel de pobreza e desemprego da poboación civil de Gaza. A ninguén pode sorprender que unha vez finalizado o prazo acordado (nin sequera houbo intencións moi convincentes para renovala), volvesen os lanzamentos desesperados de foguetes artesanais por parte das milicias palestinas e que, outra vez, a política da «lexítima defensa» lles servise ás autoridades xudías –xa en aberta competencia preelectoral entre as dúas forzas da súa extrema dereita (Likud e Kalima)– como magnífica escusa para lanzar un ataque feroz e absolutamente desproporcionado sobre os responsables de Hamás e o seus enclaves máis emblemáticos. No entanto, non esquezamos que informacións dispoñibles de Nacións Unidas, a pesar do escandaloso peche informativo ditado por Israel que impide a entrada aos xornalistas occidentais, falan de medio cento de vítimas civís, entre elas algúns nenos e nenas.
Aínda que pareza terrible, a actual situación favorece tanto os intereses de Hamás como os do actual goberno da estrema dereita xudía. Con este masacre sobre Gaza, consolídase o liderado de Hamás sobre o conxunto do pobo palestino e a súa estratexia de resistencia (mesmo de lanzamento dunha terceira intifada) fronte á demostrada ineficacia da estratexia negociadora da Autoridade Nacional Palestina. Outrosí, sucede co actual goberno xudeu que coa súa posición de firmeza consegue vender á Comunidade Internacional (se por isto entendemos aos EE.UU. e aos gobernos máis influíntes da Unión Europea) que estas operacións militares son a súa lexítima contribución á guerra contra o terrorismo internacional (do que Hamás formaría parte), ao tempo que disuadiría a Barack Obama sobre as dificultades que para el supoñería mudar este esquema de interpretación sobre o denominado «conflito de Oriente Medio».
Só será posible abrir os camiños para a paz, cando a Comunidade Internacional teña vontade de romper este esquema tan coidadosamente deseñado polos diversos gobernos israelitas e impoñer unha nova lóxica baseada nos principios da legalidade internacional. Os camiños da paz abriranse só cando os responsables do goberno de Israel acepten que para manter a súa seguridade deberán entregar territorios e recoñecer ao estado palestino soberano e aos representantes dos que este lexitimamente se dote. Hoxe, cos tanques ás portas de Gaza, semella unha utopía.
(Xornal de Galicia, edición electrónica)
Israel continúa os seus ataques
/en Dereitos_humanos, Educación_para_a_Paz, Palestina/por bretemas
O que nunca entenderei é a reacción dese grupo de persoas que apoian en Galicia cegamente as accións militares do goberno israelí e que onte publicaron os seus comentarios ao pé da nosa anotación. É posible xustificar tan friamente o asasinato de case trescentas persoas? Non hai posibilidade de atopar, sequera nalgunhas das súas palabras, algunha esperanza de que isto pode ter unha solución política (baseada na legalidade internacional)? Verdadeiramente desacougante.
Masacre en Gaza. Que noxo!
/en Dereitos_humanos, Educación_para_a_Paz, Palestina, Vídeos/por bretemasDereitos humanos, 60 anos
/en Artigos, Artigos Faro de Vigo, Dereitos_humanos, Educación_para_a_Paz, Vídeos/por bretemasLiteratura Galega pola Paz
/en Dereitos_humanos, Educación_para_a_Paz, Eventos, Presentacións, Vigo, Xerais/por bretemas
«Declaración dos Dereitos Humanos», sesenta aniversario
/en Dereitos_humanos, Educación_para_a_Paz, Eventos, Presentacións/por bretemasConmémorase, mañá, 10 de decembro, o 60 aniversario da Declaración Universal dos Dereitos Humanos. Con este motivo, a partir das 20 horas, celebrarase un acto cívico, no Auditorio do centro Cultural Caixanova de Vigo, no que ademais será presentado o volume Literatura Galega pola Paz coa que se pecha a triloxía Educación e Paz, coordinada por Xesús R. Jares.
Durante o acto dez alumnos e alumnas dos IES do Castro e de Teis de Vigo lerán o texto da Declaración e a agrupación dos Mestres da Escola Municipal de Música Tradicional e Folk do Concello de Vigo (e-Trad), interpretará diversas pezas. Ademais, intervirán algúns dos narradores e poetas participantes no libro (Agustín Fernández Paz, Francisco Castro, María Reimóndez, Obradoiro Gianni Rodari, An Alfaya, Antonio García Teijeiro, Román Raña e Fran Alonso). Este acto, ademais, constituirá a merecida e emotiva lembranza de Xesús R. Jares, fundador de Educadores pola Paz e promotor da triloxía Educación e Paz, editada por Xerais.
Hai dez anos, con motivo do cincuenta aniversario da Declaración, Xesús R. Jares publicou na Biblioteca Didáctica de Xerais, Educación e Dereitos Humanos. Estratexias didácticas e organizativas. Aquel libro converteuse ao longo desta década en referente na abordaxe educativa do articulado da Declaración Universal, e os pactos, convenios e declaracións que a desenvolven, como o reto fundamental co que se atopa a humanidade no futuro inmediato.
A Concellaría de Educación do Concello de Vigo (unha das organizadoras do acto, xunto a Xerais e Educadores pola Paz) tivo a magnífica iniciativa de editar unha pequena publicación, que todos os asistentes terán súa disposición, na que se inclúe o texto da Declaración, precedido de dous textos introdutorios, o primeiro de Laura López Atrio, concelleira de educación, e o segundo, do propio Xesús R. Jares, extraído da obra á que antes facíamos referencia.
Xesús R. Jares afirma neste texto que «o papel da educación debe supoñer un proxecto pedagóxico integrado que incite a vivir e a gozar os dereitos humanos, pero tamén a fomentar un estado de opinión que leve a pensar que calquera violación destes en calquera lugar do mundo non nos pode resultar allea e que, por conseguinte, a responsabilidade de evitalo a todos e todas nos incumbe».
Así tamén o recorda o preámbulo do propio documento no seu parágrafo final: «a presente Declaración Universal dos Dereitos da Persoa é un ideal común polo que todos os pobos e nacións se deben esforzar, para que tanto os individuos como as institucións, inspirándose constatemente nela, promovan, mediante o ensino e a educación, o respecto a estes dereitos e liberdades, e aseguren, por medidas progresivas de carácter nacional e internacional, o seu recoñecemento e aplicación universais».
Ao inicio e ao remate do acto será proxectado un vídeo-semblanza (preprado por Paco Vilabarros) de Xesús R. Jares, a quen os organizadores dedicamos unha saudosa lembranza.
Sesenta Aniversario da Declaración dos Dereitos Humanos
/en Dereitos_humanos, Eventos/por bretemas
O acto, que será conducido por Manuel Romón, contará coa participación de Ánxela Bugallo (conselleira de Cultura e Deporte), Abel Caballero (alcalde de Vigo), Manuel Bragado (director de Xerais) e unha representación dos trinta narradores e poetas galegos que participan no volume de Literatura Galega pola Paz. Durante o acto dez alumnos e alumnas dos IES do Castro e de Teis de Vigo lerán o texto da Declaración e os profesores da Escola de Música Tradicional de Vigo, compoñentes da agrupación Son de seu, interpretarán diversas pezas. Este acto, ademais, constituirá a merecida e emotiva lembranza de Xesús R. Jares, fundador de Educadores pola Paz e promotor da triloxía Educación e Paz, editada por Xerais.
Este acto de conmemoración da Declaración Universal dos Dereitos Humanos e de presentación de Educación e Paz III. Literatura Galega pola Paz está organizado pola Concellería de Educación do Concello de Vigo, por Educadores pola Paz de Nova Escola Galega e por Xerais, contando coa colaboración da Consellaría de Cultura e Deporte e de Caixanova.
O cartel do acto, así como a portada do libro, foron deseñados por Ángel Cerviño.
25-XI: Non a violencia machista
/en Dereitos_humanos, Recurso_didáctico/por bretemas
Manuel Bragado Rodríguez (Vigo, 1959) é mestre, editor e activista cultural. Orientador do CEIP de Laredo e CEIP de Cedeira de Redondela, foi director de Edicións Xerais de Galicia S.A. (1994-2018).
Recomendo
Últimas anotacións
- Piares da Lectura9 de Abril de 2025 - 12:12 p.m.
- Lagares e outros ríos do Fragoso8 de Abril de 2025 - 11:05 a.m.
- Sen bibliotecas públicas7 de Abril de 2025 - 6:03 a.m.
- Males de altura2 de Abril de 2025 - 10:13 a.m.
- Herdanza de Docampo2 de Abril de 2025 - 10:07 a.m.