Onte 1952: «Phantom Thread»
Hai películas como Phantom Thread (El hilo invisible na distribución española), que seducen pola súa beleza formal mesmo a pesar das ambigüidades e carencias do seu relato, neste caso o romance entre un costureiro, un xenio désposta e maniático, e a súa modelo. A deslumbrante posta en escena de Paul Thomas Anderson, director tamén da fotografía, capaz de reconstruír con fidelidade un atelier de costura londiniense dos anos cincuenta, como a interpretación espectacular de Daniel Day-Lewis, que a anuncia a súa retirada, manteñen sempre vivo o interese desta película que homexanea a aqueloutro romance gótico, a Rebecca de Hitchock. Xaora, o que quizais mellor representa a elegancia que deita a mares o film e a escena do almorzo onde Woodcock viste chaqueta de tweed sobre o pixama. Inesquecible retrato do mundo da moda, con algunha semellanza a Dior and I (2o14), o interesante documental de Frédéric Tcheng, que tamén homenaxea ás costureiras que soportan con dedicación ás figuras da moda.
Non considero a Phantom Thread obra mestra, aínda que aventuro terá unha boa colleita nos Óscar, tanto pola súa elegancia no vestiario como pola súa facinante espectacularidade visual.