Pagar por estar no escaparate
Esta noticia chega un pouco tarde. Cónstame que aquí hai tempo que o ven facendo algunha importante cadea de librarías. Eis a imparable deriva do comercio do libro na que estamos inmersos. Unha noticia moi interesante.
Esta noticia chega un pouco tarde. Cónstame que aquí hai tempo que o ven facendo algunha importante cadea de librarías. Eis a imparable deriva do comercio do libro na que estamos inmersos. Unha noticia moi interesante.
Apenas transcorreu unha semana dende a aprobación da nova Lei da lectura e do libro que liberaliza o prezo dos libros de texto da Educación Obrigatoria (Primaria e ESO) xa coñecemos a estratexia agresiva das grandes superficies comerciais. A campaña de Carrefour non ofrece dúbida: “Libros ao custo. Se os atopas máis baratos, aboámosche dez veces a diferenza“. Quen dixo que coa nova lei na man non se podería empregar o libro de texto como reclamo publicitario? Co prezo libre, cal é o custo do libro? Temo que isto só acaba de comezar. Sempre tiven moitas dúbidas sobre a eficacia da liberalización como alternativa á política de descontos. De non poñer couto a estas prácticas das grandes superficies (quizais sexan legais, non o sei), os libreiros de proximidade (se non lles chegase en Galicia co modelo de préstamo) serán, outra vez, os máis prexudicados. Un tema que, pola súa enorme importancia para o sector do libro, seguiremos con atención.
(Alicia Martín, instalación, Madrid 2003)Edición literaria
A facturación pasou de 2 millóns de € (2001) a 2,89 millóns de € (2005), un crecemento do 44,5% e a prezos contantes do 27%. Datos que amosan que se venden máis libros literarios galegos neste lustro, feito que presupón que aumentou, tamén, o seu índice de lectura.
Edición infantil e xuvenil
As vendas pasaron de 2 millóns de € (2001) a 4,51 millóns de € (2005), un crecemento espectacular do 125 %, que a prezos constantes supón un 98 %. Noutras palabras en cinco anos duplicouse a venda de libros infantís galegos, a tipoloxía da edición con maior aceptación e despegue durante este período.
Edición de libro de texto
A facturación pasou de 6 millóns de € (2001) a 11,05 millóns de € (2005), crecemento do 84 % (provocado pola medida de gratuidade total da primaria do pasado ano) que a prezos constantes supón un 62 %. Cantidade importantísima que decrecerá inexorablemente, a partir, do funcionamento do modelo de préstamo na súa totalidade.
Porén, fronte a moi boa saúde destes tres tipos de edición, o conxunto da facturación do libro galego de 2001 a 2005 apenas medrou un 7,87 %, cifra que a prezos constantes supón un decrecemento do 5 %. Datos todos os anteriores que amosan que a crise de crecemento do libro galego durante este último lustro estivo nas obras de divulgación, ciencias sociais, cientifíco-técnicas, dicionarios e grandes obras de referencia. Tendencia que se produce, tamén, noutros gremios de editores do noso entorno, froito, indubidable, do impacto da textualidade electrónica e das mudanzas no entorno académico universitario.
Convén ter en conta estes datos para apupar a nosa propia autoestima e tratar de endereitar a deriva do sector.
As librarías
En 2005, as súas vendas supuxeron o 64,2 % (14,5 millóns de €), mentres que en 2004 foron só o 35,3% (8 millóns de €). Datos que amosarían un crecemento espectacular das vendas en librarías durante este último ano, feito que, polas impresións recibidas polos profesionais do sector, non semella verosímil.
Cadeas de librarías
En 2005, ascenderon o 7,8% (1,76 millóns de €), mentres en 2004 foron o 4,4 % (1 millón de €). Crecemento que parece razoable debido á aparición de novos establecementos deste tipo.
Hipermercados
En 2005, subiron ata 0 4,2 % (940 mil €), mentres en 2004 foron o 3,1 % (700 mil €). Outro dato razoable, que indica a tendencia ao lixeiro crecemento, polo momento, desta canle en Galicia, especialmente na campaña do libro de texto de setembro.
Vendas institucionais e a empresas
En 2005 , o 11,6 % (2,62 millóns de €), mentres en 2004 foron o 13,8% (3,10 millóns de €). Lixeiro decrecemento tamén doadamente explicable polo “parón” producido desde o segundo semestre de 2005 e que o sector arrastra ata a actualidade.
Bibliotecas
En 2005, o 2,1 % (480 mil €), mentres en 2004 foron o 4,3 % (970 mil €). Decrecemento, tamén, previsible no novo contexto, aínda que inexplicable en termos de política cultural.
Venda a crédito
En 2005, baixaron ata o 7,3 % (1,64 millón de €), mentres en 2004 foron o 24, 4 % (5,48 millóns de €). Datos que supoñerían un decrecemento espectacular desta canle nun só ano. Tendencia que coñeciamos, mais que semella demasiado acusada para producirse nun só exercicio.
Clubes do libro
En 2005, supuxeron o 0,6 % (130 mil €), mentres en 2004 foron o 1,2 % (260 mil €). Decrecemento que supón un 50 % nun só ano. ?
Internet
En 2005, 0 0,7 % (160 mil €), mentres en 2004 foron o 0,1 % (10 mil €). Crecemento espectacular desta canle, explicable pola aparición de novos operadores e do desenvolvemento desta canle.
Se todos os datos fosen certos, en 2005 aumentarían a súa participación nas vendas do libro editado en Galicia as librarías, as cadeas de librarías, os hipermercados e Internet; mentres baixarían as vendas en bibliotecas, institucións e empresas, clubes do libro e, sobre todo, a venda a crédito.
Entendo que os datos amosan tendencias, dificilmente cuestionables; porén, non semella que as súas magnitudes sexan totalmente fiables. Precisamos dese gran estudo do mercado do libro galego que clarifique unha situación comercial bastante confusa.
Os estudos anuais sobre Comercio Interior do libro proporcionan profusión de datos (declarados por cada un dos editores) suficientes para perfilar un diagnóstico sobre o estado do sector.
O máis recente estudo (o de 2005, publicado hai só unhas semanas), despois de traballar os datos referidos ao sector privado galego (sobre un universo dunha enquisa realizada sobre 31 editoriais), permítenos tirar as primeiras conclusións.
Ás portas de Liber, aparece o avance de datos do estudo do comercio interior do libro, elaborados pola empresa Precisa para a Federación de Gremios de Editores. Só coñeciamos noticias de prensa, ata que onte puidemos manexar as gráficas de datos básicos, agardando a publicación do informe e extraer os datos referidos á edición privada galega.Os datos indican que continúan as tendencias de sobreprodución do sector (máis de 69.000 títulos), ao tempo que se produce un estancamento da facturación e mudanzas nas canles de comercialización. Así, a a facturación do conxunto do sector español, a prezos de capa, acadou os case tres mil millóns de euros (o que supuxo apenas un incremento con respecto ao ano anterior do 1,8%, por baixo do crecemento da inflacción); mentres o conxunto do sector editorial privado galego superou os 23 millóns de euros, o que supón un crecemento do 4%, idéntico o da inflacción). Facturación que se obtén cun incremento de títulos do 2,6% e de tirada (314 millóns de exemplares!) do 3,5%, da que se vendeu o 70% (o resto quedou para a exportación e para as devolucións).
Quizais o máis significativo deste avance de datos sexan os referidos aos cambios na comercialización, onde se pode salientar:

Manuel Bragado Rodríguez (Vigo, 1959) é mestre, editor e activista cultural. Orientador do CEIP de Laredo e CEIP de Cedeira de Redondela, foi director de Edicións Xerais de Galicia S.A. (1994-2018).
