Poema de hoxe 93: «Poemaaaa» de Lucía Aldao
o teu corazón está tocando a miña canción preferida
Lucía Aldao, Poem(aaaaa)s, (RDL, 2008)
Poema de hoxe 93: «Poemaaaa» de Lucía Aldao/en Autores, Poema_de_hoxe, Poesía/por bretemas
o teu corazón está tocando a miña canción preferida
Lucía Aldao, Poem(aaaaa)s, (RDL, 2008)
Foi onte outra intensa xornada de activismo literario de Xerais, no que durante o serán se desenvolveron tres presentacións simultáneas doutras tantas novidades recentes da editorial. Na Numax de Compostela, Fran Alonso e Alba Cid acompañaron a Ismael Ramos na presentación do libro de poemas Os fillos da fame, premio Johán Carballeira do concello de Bueu. No salón de plenos do concello de Ribeira presentamos a obra xuvenil A cacería de Amadeo Cobas, gañadora do premio de novela cidade centenaria, ao tempo que asinabamos co alcalde a continuidade da nosa colaboración neste certame de narrativa curta. Xa case na noitiña na Cafetaría Vilariño de Ponte Carreira o incansable Manuel Iglesias Turnes presentaba Que non te aten, contando coas intervencións de Pilar Sampedro e Cándido Iglesias e coa colaboración da Libraría Pedreira. Activismo que continuaremos esta fin de semana con novas convocatorias literarias. No serán de hoxe na Biblioteca González Garcés da Coruña cunha nova presentación de Que non te aten, que pechará a actuación dos Cantareiros do Naval. O sábado á tarde Xurxo Souto prresentará na Biblioteca de Muxía o seu espectáculo “Oceano para terrícolas”, baseado nos seus Contos do mar de Irlanda. Ao mesmo tempo no Liceo de Noia Amadeo Cobas presentará A cacería da man do escritor Ramón Carredano, acto co que a editorial celebra o día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil.
Comezaremos os actos da vindeira semana o martes na Fundación Luís Seoane da Coruña, onde o alcalde Xulio Ferreiro participará na presentación d’ A Galicia urbana. En Pontevedra acompañaremos na primeira feira do libro deste 2016 a Alberto Fortes, Ramón Caride, Álex Alonso e Anxo Angueira que presentarán as súas novidades, actos que coincidirán coas presentacións da novela de Amadeo Cobas en Vigo e Santiago. Pecharemos a semana o venres na Casa do Libro de Vigo coa agardada estrea de Esmeraldina, a pequena defunta con Ledicia Costas e Víctor Rivas, protagonistas destacados tamén do Salon do Libro Infantil de Pontevedra. E o sábado ao mediodía presentaremos no concello de Fornelos de Montes a edición de Ramón Nicolás de Non debían medrar, coa que celebramos o centenario do nacemento de Manuel Lueiro Rei e a entrega do premio de poesía que leva o seu nome.
O esforzo de Xerais procura visibilizar as nosas novidades en espazos e localidades diversas, procurando chegar a novos públicos. Nun momento de hibridación e de incerteza, cando desapareceron practicamente as políticas públicas de lectura e de apoio ao libro editado en galego, o futuro do noso sector está tamén na nosa capacidade para activar o interese dos lectores e lectoras e ampliar o perímetro do seu abrazo. Nesa angueira seguimos.
Poema de hoxe 92: «Esperanza do inverno» de Helena Villar Janeiro/en Autores, Poema_de_hoxe, Poesía/por bretemas
Poema de hoxe 91: «Eu belida non dormía» de Pero Anes Solaz/en Autores, Poema_de_hoxe, Poesía/por bretemas
lelia doura.
E meu amigo venía,
edoi lelia doura.
Pero Anes Solaz, Eu belida non dormía (Século XIII)
Participamos onte no xurado da XVIII edición do certame de narración curta Ánxel Fole convocado polo concello de Lugo. Tras case tres meses de lectura, non foi doado escoller entre 62 orixinais, media ducia deles de gran calidade. Despois de moitos falares votamos entre tres obras finalistas resultando gañadora a títulada Once portas, que resultou ser de Héctor Cajaraville. Once portas é unha novela de lectura aditiva sobre a desaparecida muralla de Compostela. Coa habilidade que descubrimos en De remate, Héctor propón unha viaxe na historia, dende a cidade do Calixtino do século XII até hoxe, que axude a solucionar un enigma sobre a ubicación das portas e poxigos de Compostela. Cando a presidenta do xurado abriu a plica e coñecimos o nome de autor quedamos abraiados, xa que este é o terceiro premio literario que Cajaraville consegue nos últimos nove meses, tras o Xerais de novela e o Raíña Lupa de lix. Non hai dúbida que estamos diante dun escrtior completísimo, sólido, versátil, chamado a revolucionar a narrativa galega actual. Nestes días está chegando ás librarías a súa novela infantil Quen dá a quenda?, que resultou finalista do Prmeio Merlín de literatura infantil do pasado ano. Parabéns, Héctor!!!
Poema de hoxe 90: «Libre latitude» de Ignacio Chao/en Autores, Poema_de_hoxe, Poesía/por bretemas
Cando regrese a barcaza
Con tempos de esperanza.
Ignacio Chao, Corazón de segundas partes (Esquío, 1998)
Poema de hoxe 89: «Sobre as nosas linguas andamos» de Frank Meyer/en Autores, Poema_de_hoxe, Poesía/por bretemas
Dentro do amplísimo catálogo de Andrea Camilleri, ademais das dúas ducias novelas negras protagonizadas polo comisario Montalbano e ambientadas na cidade imaxinaria de Vigàta, publicadas por Salamandra, cómpre non esquecer outras obras non menos interesantes publicadas por Destino na súa veterana colección Áncora y Delfín. Este é o caso de obras mestras da comedia como La concesión del teléfono ou La ópera de Vigàta ou thriller tan desacougantes como a recente El caso Santamarina, onde aborda o sofisticado entramado da corrupción. Mauro Assante, un rigoroso supervisor de entidades bancarias italianas recibe o encargo de preparar un informe confidencial sobre a situación da Banca Santamaria. Na súa vida de ordenado funcionario aparecerán entón situacións imprevistas e irrumpirán personaxes descoñecidas que acabarán por intimidalo até refacerlle a vida enteira. A mestría narrativa do siciliano permítelle tecer unha trama moi emotiva sobre os abusos do poder financeiro sobre o propio estado. Unha novela sobre a corrupción que non deixa fendas para a esperanza.
Poema de hoxe 88: «Outro poema dos dons» de Xulio L. Valcárcel/en Autores, Poema_de_hoxe, Poesía/por bretemas
polos días que compartes comigo,
pola caricia e polo beixo.
Xulio L. Valcárcel, En voz baixa (Esquío, 1997)
Poema de hoxe 87: «O aire» de Antón Lopo/en Autores, Poema_de_hoxe, Poesía/por bretemas
Nada me gusta máis que o aire.
Antón Lopo, Fálame (Esquío, 2003)

Manuel Bragado Rodríguez (Vigo, 1959) é mestre, editor e activista cultural. Orientador do CEIP de Laredo e CEIP de Cedeira de Redondela, foi director de Edicións Xerais de Galicia S.A. (1994-2018).
