Beizóns, Xurxo!

Tras catro anos de traballo entusiasta á fronte da subdirección de programas, Xurxo Souto saíu da Radio Galega coa elegancia arroutada e idéntica paixón coa que realizou o seu primeiro saúdo en antena. Atrás queda o seu pulo e esforzo por modernizar e achegar a radio pública en galego (esa “rareza” no dial que debemos defender como primeiro patrimonio galego da comunicación) á mocidade e aos públicos urbanos. Eis o seu traballo monumental de apoio á música popular galega que, en boa medida debido a súa convicción nas súas posibilidades, vive o mellor momento da súa historia. Eis o seu apoio a iniciativas felices como a reinvención do teatro na radio. Eis as leccións diarias de radio fetén en Aberto por Reformas ou cada sábado ao mediodía en Mil ribeiras (para min un programa memorable, tanto dende o punto de vista  literario como musical). Eis o acerto de poñer en marcha o Extrarradio, o grande programa de Belén Regueira (hoxe por hoxe a primeira comuncadora do país). Eis o apoio proporcionado pola RG ás máis diversas iniciativas das industrias culturais… Todo o sector cultural galego (editores, escritores, músicos, actores… )  está en débeda con Xurxo Souto. Ben sería amosarlle o noso agradecemento nunha velada bonita. Beizóns, Xurxo, o noso ghaiteiro!

11 comentarios
  1. W. Sobchak
    W. Sobchak Dice:

    A min o que máis me preocupa é que non consigo achar onde está o elemento tan subversivo ou perigoso nun programa que tinha como finalidade promocionar a música feita en galego. Tan urxente era eliminalo ipso facto, sen agardar ao fin de temporada? Non podo achar respostas razoables e penso que haberá que buscalas no odio e na carraxe de xente resentida.

    Por outra banda concordo con Antonio, a paxion que queima no peito e tan poderosa que acadará outras vías de expresión. Adiante carnochos!

  2. Lois
    Lois Dice:

    Eu como ointe diario do programa penso como sobchak, porque nunca, nunca escoiteille tomar posición sobre tal ou cal, so isa forza a prol da música en galego e tamen da asturiana ou castellana. Pero amigos, ganaron os repugnantes grazas a moitos mixiricas disfrazados de esquerdistas e agora, toca apandar con estes túzaros.
    Pero Xurxo esta por riba de tanta tontería. Ánimo rapas e dende Vigo a un Coruñes: Adiante, xa xogaremos e ganaremos o teu Depor na Champions.

  3. cristina dominguez dapena
    cristina dominguez dapena Dice:

    Xurxo ben merece saber o muito que apreciamos o seu entusiasmo e profesionalidade. de acordo en facerllo chegar a través dun encontro- homenaxe, pero o máis importante é animalo a que siga a traballar coma ate o de agora. Todo o seu esforzo non debe de quedar agochado e en suspenso. Muita forza Xurxo!!

  4. Forklifts Sales
    Forklifts Sales Dice:

    Thanks for taking the time to talk about this, I feel fervently about this and I take pleasure in learning about this topic. Please, as you gain information, please update this blog with more information. I have found it very useful.

Trackbacks y pingbacks

  1. […] Artábria, ForoKomunika, The Homens, Malmequer, Made in Galiza, Brétemas e […]

Los comentarios están desactivados.