Delirio
Están tolos estes americanos?Vía Oulego.
This author has not written his bio yet.
But we are proud to say that bretemas contributed 6819 entries already.
Están tolos estes americanos?Vía Oulego.
A entrevista a Camilo Nogueira publicada en El País Galicia é unha análise moi lúcida sobre a posición que adopta o BNG no seo dos gobernos de coalición nos que participa. É moi oportuno o seu chamamento a que o BNG abandone as posicións melifluas de centro (que tanto confunden ao seu electorado e, dificilmente, […]
O famoso último discurso de Manuel Azaña, o das tres pes (“Paz, Piedad, Perdón), pronunciado o 18 de xullo de 1938 no concello de Barcelona, pode escoitarse completo aquí (setenta e catro minutos en sete arquivos). Un documento histórico para arquivar. Moi recomendable a súa utilización didáctica. Etiquetas: Manuel_Azaña
Onte pasamos unha tarde magnífica en Lugo con motivo da presentación do libro de Miranda. Marcos realiza unha hoxe unha completísima crónica, tanto do desenvolvemento acto (onde realizou unha intervención moi atinada) como da paseata á noitiña que fixemos pola Muralla, dirixidos polos comentarios de Pepe, Xoán Cuba, Isidro Novo e outros amigos e amigas […]
Recomendo a columna de Óscar Iglesias. É moi clarificadora das tendencias actuais na narrativa galega. (Actualización: 16:00): Ten razón Folerpa, este artigo de Dolores Vilavedra abre outro debate importante sobre a posición do escritor galego alén do Padornelo. Mágoa que a crítica compostelana non se atreva a personalizar, xa que tal como se expresa parece […]
Mañá acompañaremos a Marcos Valcárcel e Xosé Miranda na presentación en Lugo d’ As mans do medo. Tres blogueiros na mesa para falar do que entendo como un dos cumes da nosa literatura de terror. precisamente, Miranda remata estes meses a edición da súa completísima guía de Galicia, que pretendemos ter editada (con fotos, na […]
Vía Manolo Gago (grazas, por tantas) coñezo esta curta da finlandesa Laura Neuvonen. Sei que lle vai prestar a María Reimóndez, a nosa amiga, gran tradutora e escritora. Esta semana apareceu o seu Club da calceta en italiano, asinouse o contrato para a edición en castelán e chegou do prelo a terceira edición en galego.
Hoxe saíu a primeira crítica do libro recente de Agustín (grazas, Tati). Aquí pode baixarse o pdf do adianto de “Amor de gosto”, un dos dez contos do volume. A primeira presentación realizarase o mércores 28 de novembro, ás 20:30 na Biblioteca González Garcés da Coruña.Teño moi boas vibracións sobre a acollida deste conxunto de […]
Apoio a campaña promovida pola Asociación de Funcionarios pola Normalización Lingúística para promover a etiquetaxe dos nosos viños en galego. DECLARACIÓN DE APOIO Á CAMPAÑA POLA ETIQUETAXE DOS VIÑOS EN GALEGO Se o dinamismo económico e a competitividade dun país son o froito de combinarmos un certo recoñecemento histórico coa capacidade de ofrecer produtos de […]
Este si que pode ser unha das modalidades do libro electrónico do futuro. Da factoría Amazon. Recomendo a lectura do comentario de Enrique Dans sobre esta nova intentona de libro electrónico: “El anuncio me ha parecido bastante impactante: no se trata de un dispositivo para navegar, ni tiene WiFi, pero puedes navegar por un montón […]

Manuel Bragado Rodríguez (Vigo, 1959) é mestre, editor e activista cultural. Orientador do CEIP de Laredo e CEIP de Cedeira de Redondela, foi director de Edicións Xerais de Galicia S.A. (1994-2018).
