Entradas por bretemas

Historias de fútbol rebelde II

A PELOTA COMO BANDEIRAApupado polos comentarios de Mario e dedoscomovermes á miña anotación, rememorei o que conta Eduardo Galeano, no seu libro El fútbol a sol y a sombra, sobre ese partido famoso do Dynamo de Kiev. Creo que este relato é unha das mostras máis claras das verdadeiras razóns do carácter, á vez, heroico […]

Unha carta de Iciar Bollaín

Agustín recoméndame que lea a carta que Iciar Bollaín escribiu onte en El país sobre o “cine español”. Proponme, ademais, que onde pon “cine español” lea “literatura galega” e comprobarei que a carta describe unha situación parella. A verdade é que o fixen (“Se non houbera literatura galega”, titulei para min) é as coincidencias parecéronme […]

Barómetro hábitos de lectura 2007

| View | Upload your own Onte referiámonos ao Barómetro de hábitos de lectura e compra de libros 2007, elaborado pola Federación de Gremios de Editores de España. Hoxe podemos ofrecer a presentación deste extenso e concienzudo traballo (169 textos e táboas) que cómpre debullar devagariño (aconsello descargala). Entre os datos referidos a Galicia cómpre […]

Galicia: penúltima en lectura

Hoxe coñecimos os datos do barómetro de lectura e compra de libros de 2007: non hai novidades, Galicia continúa, outro máis e a pesar do cambio político, na penúltima posición, aínda moi afastada da media española e mesmo baixando dous puntos en relación ao anterior. Ou noutras palabras lemos menos e pouco semella importarnos.Ben sei […]

Historias de fútbol rebelde

Grazas á chuzada de Fulano descubrín esta anotación de Camilo Rueda Navarro sobre “Historias de fútbol rebelde e rebeldes do fútbol”. Recomendo a historia do Celtic (o primeiro equipo británico en gañar a Copa de Europa), a de Paul Breitner (o fútbolista maoísta que xogou no Real Madrid), ou a do doutor Sócrates (capitán do […]

Escribo para lerme

Discurso de agradecemento de Xabier P. Docampo from Martin Pawley on Vimeo. Palabras precisas e moi emocionantes do mestre: “Non me roubes o pais, non me roubes a lingua… […]. O día que perdamos a lingua non somos ningúen. A lingua é a nosa casa, a nosa patria.”Pawley achega máis vídeos sobre esta homenaxe e […]

A síndrome do Froiz

Hoxe coñecín este interesante artigo de Mario de Regueira que aborda a polémica de marras dende outra mirada non exenta de ironía. Etiquetas: Literatura_galega

2008, ano sen papel

É moi interesante esta anotación de Calidonia sobre as razóns que o levaron a mercar un Sony Reader que pode axudarnos a valorar as posibilidades deste dispositivo de lectura electrónica. Seguiremos as súas anotacións de usuario que semellan, polo comentario que nos deixa nunha das nosas, moi favorables e demostran que esta cuestión está “máis […]