Poema de hoxe 65: «Maruxía» Francisco Álvarez Koki
A miña patria é o mar, corpo de auga, sombra de Lúa, beizos do vento. Francisco Álvarez Koki, Maruxía (Cíes, 1989, 2010)
This author has not written his bio yet.
But we are proud to say that bretemas contributed 6814 entries already.
Poema de hoxe 65: «Maruxía» Francisco Álvarez Koki/en Autores, Poema_de_hoxe, Poesía/por bretemas
A miña patria é o mar, corpo de auga, sombra de Lúa, beizos do vento. Francisco Álvarez Koki, Maruxía (Cíes, 1989, 2010)
No Museo Massó de Bueu, onde presentamos onte O dobrón de a oito, a magnifica novela de aventuras de Alberto Fortes, atopei nunha porta un bronce no que se reproduce un texto de Fray Diego de Arze sobre as librarías. Chamou moito a miña atención atopar un texto tan interesante sobre bibliofilia barroca nunha sala onde […]
Poema de hoxe 64: «Gameleiros» de Miro Villar/en Autores, Poema_de_hoxe, Poesía, Xerais/por bretemas
No mar medran froiteiras e as mans do mariñeiro… Miro Villar, Gameleiros (Xerais, 2002)
A presentación de Que non te aten de Manuel Iglesias Turnes en Couceiro foi outro éxito rotundo. Como sucedera hai uns días en Negreira, os presentadores, Suso de Toro e Pablo Vaamonde, puxeron en relación esta segunda novela do narrador barcalés con As rapazas de Xan, a obra coa que debutara hai catro anos, salientando o […]
Poema de hoxe 63: “Lugar das chuvias” de Xavier Rodríguez Baixeras/en Poema_de_hoxe, Poesía, Xerais/por bretemas
Lugar das chuvias onde ninguén lava coágulos de sombras que dá a terra. Xavier Rodríguez Baixeras, Anos de viaxe (Xerais, 1987)
Encollinme cando escoitei na radio que se cumprían corenta anos da matanza de Vitoria, cando ás portas da igrexa de San Francisco a policía abriu fogo automático sobre centos de obreiros cando eran desaloxados dunha asamblea en solidariedade cos folguistas de Forjas Alavesas. Cinco mortos e medio cento de feridos de bala foi un resultado daquel 3 de marzo, que […]
EMPATAZO O partidazo do serán de onte na lameiriña de Balaídos entre o Celta de Berizzo e o Vilarreal de Marcelino, ambos os dous adestradores de conviccións profundas, foi unha loita moi fermosa e igualada entre dúas formas de entender o xogo combinativo, a da afouteza e intensidade celeste fronte a disciplina táctica do submariño […]
Poema de hoxe 62: «A dona que eu amo» de Bernal de Bonaval/en Poema_de_hoxe, Poesía/por bretemas
A dona que eu amo e teño por señor amostradema, Deus, se vos en pracer for, senon, dademe morte. Bernal de Bonaval (Século XII-XIII)
Alianza Editorial anunciou onte a celebración do seu cincuenta aniversario. Cinco décadas nas que publicou 3.500 títulos dos que dous mil corresponden a súa mítica colección de Peto, a das inesquecibles portadas de Daniel Gil, actualizadas nesta década por Manuel Estrada. Alianza é un faro que ilumina a edición cultural en España. Un modelo de proxecto editorial […]
No artigo da semana en Faro de Vigo reflexiono sobre as deputacións provinciais ao fío da proposta da súa supresión. O pacto de investidura entre o PSOE e Ciudadanos, que entre os cinco puntos da súa proposta de reforma constitucional exprés incluíu a supresión das deputacións provinciais de réxime común e a creación de Consellos Provinciais […]

Manuel Bragado Rodríguez (Vigo, 1959) é mestre, editor e activista cultural. Orientador do CEIP de Laredo e CEIP de Cedeira de Redondela, foi director de Edicións Xerais de Galicia S.A. (1994-2018).
