Agustín envioume a edición do seu Skywalker en coreano. A edición da editorial Myung Jin Publication é unha marabilla: capa dura, sobrecuberta plastificada e verxurada ao tempo, ilustración abundante (choca como nos ven aos occidentais). Coa excepción dos números do ISBN, o resto dos caracteres é imposible identificalos. Téñolle moita querenza a este Skywalker (un dos pouco libros de Agustín que non publiquei), sen embargo, gábome de ter sido o primeiro lector desta historia sobre a solidariedade nos tempos da corrosión do carácter. Con certeza que chegarán outras traducións tan chulas coma esta coreana.
2
comentarios
Los comentarios están desactivados.

Manuel Bragado Rodríguez (Vigo, 1959) é editor e mestre. Na actualidade, profesor do CEIP Lope de Vega de Vigo, foi Director Xeral de Edicións Xerais de Galicia S.A., dende o mes de xaneiro de 1994 ao de abril de 2018, empresa na que traballou dende 1990.
Cando hai uns meses veu Mariasun Landa a Pontevedra trouxo a edición coreana dun livro seu que lle acababa de chegar -quizá fose o “Crocodilo”, non lembro-. Unha verdadeira fermosura, abofé.
Some of our comments above may include links that are no longer valid or that do not have a nofollow value. They might very well lead you today to a third party. Therefore,
I ask you, if you would be so kind, to please delete or disregard those
comments.
Many thanks and best wishes,
Iza, Roberto Iza
Muy Señores Míos:
Algunos de nuestros comentarios incluyen vínculos rotos que bien pudieran llevar hoy a una tercera persona. Por tanto, le rogamos, por favor, que los deseche o desestime.
Gracias y recuerdos
Iza, Roberto Iza