As claves do éxito en lectura

Esta mañá nunha reunión de editores galegos con responsables da Dirección Xeral de ordenación Educativa da Consellaría de Educación coincidiamos na importancia que a nova reforma curricular concede á lectura e ao manexo das novas tecnoloxías da información. Establecer a lectura, nos seus diferentes soportes, como procedemento transversal de todas as áreas (o que obrigaría dalgún xeito a deslecturizar a área das linguas e a intensificar a lectura no resto das materias, fosen tanto humanísticas como científico-técnicas) é o grande reto que ten o profesorado e ao que debemos saber responder os editores educativos. Nesta fase de deseño dos materiais, na que estamos non está de máis repasar cales son as claves do éxito deste enfoque, que tantos froitos ten proporcionado, por exemplo, e se nos remitimos ao informe PISA, en Finlandia (Vía Tokland). Outro exercicio pendente de reflexión práctica.

5 comentarios
  1. gardalivros
    gardalivros Dice:

    Informes como estes non fan senón abondar no obvio- as disparidades sociais- mais non se fixo nen se está a facer o que se precisa alén de campañas admonitorias e lúdicas, pouco fundamentadas e en xeral pouco sensíbeis coas realidades sociais, culturais e idiomáticas.Sorprende co informe PISA “esixa máis coordinación” para as recentemente descentralizadas CCAA en materia de educación. Decatáronse por fin de que hai realidades sociais,idiomáticas e culturais diferenciadas que precisan accións específicas para o desenvolvemento de dereitos cívicos fundamentais?.Por outra parte, ainda sabendo que a escola reforza as disparidades sociais de orixe non se alicerza a vella aspiración da leitura sobre mecanismos compensatorios, estratexias conxuntas (escolas, bibliotecas,etc) que apoien as familias en situacións pouco propicias. A transversalidade da leitura sendo desexabel -non o era!- precisa de intervencións con menos marqueting e máis penetración.O Social Inclusion Project, por exemplo, é un proxecto británico que nos amosa como a fenda social é causa de desigual acceso ó recursos, determinante na criazón do gosto, hábitos e capacidades.

  2. F. Miguez
    F. Miguez Dice:

    Eu sinto un certo rexeite po-la forma de aprendizaxe que se impon no noso sistema educativo, sobre todo na universidade, pero tamén a outros niveis: O profesor ou o departamento ten martellado un temario que él memsmo desenvolve ó seu xeito e a él hai que ceñirse, cos típicamente españoles apuntes de clase e todo iso.
    Personalmente (que ademáis teño certo tic de autodidacta), boto de menos unha aprendizaxe máis baseada nos libros, en seguir unha bibliografía de referencia e que o profesor se encargue de estructurar os contidos dentro da súa materia e de vencellala coas demáis.

  3. R.R.
    R.R. Dice:

    Vou facer un comentario que no medio destas fundamentacións técnicas vai cheirar a obviedade: pero hai un punto de paixón pola lectura -que a min me pegou meu pai, por exemplo- que é imposible que o transmita quen non o ten.

    E, desgraciadamente, non só entre pais senón incluso entre o persoal docente e a todolos niveis, hai unha grave carencia neste aspecto…

    Saúdos.

  4. gardalivros
    gardalivros Dice:

    Concordo. A vella aspiración da estética, pasada pola compensación (ética)das disparidades e carencias de fondo, en moitos casos en colectivos que non as deberian ter.

Los comentarios están desactivados.