Onte 121: A despedida de Isaac
Estivemos nas exequias de Isaac, que se desenvolveron cun protocolo estritamente civil como correspondía ás conviccións laicas do finado, a pesar de que botei en falta nalgún dos momentos a presenza da bandeira republicana, unha das insignias da súa vida. Entre os varios centos de persoas que asistimos ao enterro foi moi gabado que os responsables do concello de Santiago, ademais de montar unha garda de honra no velorio, escollesen para Isaac un espazo de terra a carón do seu compañeiro Antón Fraguas, do poeta Aurelio Aguirre e do escritor Ramón María del Valle Inclán. Á entrada de Boisaca quedará para sempre un recanto da nosa memoria nacional, merecente de ser visitado por xeracións. Dous grandes amigos de vida foron os que alí, en nome do pobo galego, expresaron a derradeira laudatio. Entre outras moitas virtudes, Xosé Neira Vilas gabou «o escepticismo esperanzado de Isaac», unha actitude que axuda a enxergar o futuro. Pola súa banda o profesor Xesús Alonso Montero lembrou que «marcha o patrón de Galicia», un auténtico xigante que sempre reinvestíu as plusvalías de Sargadelos noutras empresas culturais ao servizo de Galicia. Ese espírito filantrópico, ese liderado construído sobre o traballo arreo, esa vontade de resistencia até o derradeiro salaio son outras das herdanzas que nos deixa Isaac, con que nos solidarizamos.
This is first time seeing this website written very content,Excellent sharing Thanks
Gran, grazas pola información que compartiu na súa páxina, eu estiven a buscar iso por un par de unha hora, e eu estou tan feliz que eu atope aquí.
Eu realmente gusta de ler o seu artigo aquí, e eu vou ollar para a fronte a temas máis interesantes aquí, mantelo
A Quite nice post . Whenever i check your blog i read a original view. In addtition , as a new developer, i need to say that the structure of your site is amazing . Could you post some information regarding the theme ? .Thanks .
Cool blog you got here and thank you for the valuable info.
Thanks for sharing these wonderful comic videos with us. They are really funny. Will look after for some more updates.
i really like your post. keep writing.
Hey, Absolutely abundant work, I would like to accompany your blog anyhow so amuse abide administration with us,
what they are doing there, are they doing? just tell bout the latest about this
Why is that so? A farewell to isaac? I think that would be fine then. Where is ge going to do then? I don’t know if that would really makes sense.
yeah that’s right. I guess this one here is really into something. Hope everything will be right.