A retirada de Fraga
O anuncio da retirada de Manuel Fraga da política activa coincidíu co día no que se rompeu o consenso constitucional. Seguro que a escolla non foi inocente nin quedou ao chou por quen leva seis décadas xestionando de forma obsesiva o seu particular xeito de pasar á historia. Quen foi ministro de Franco e presidente da Xunta de Galicia non quixo participar no inicio desta etapa de profunda incertidume política e económica aberta hoxe tras o lamentable espectáculo da reforma pactada entre os dous partidos españois. Con todo, manteño a convicción de que a derradeira liña política de Manuel Fraga en Galicia aínda está pendente. Quedamos á espreita.
Esa última liña vaina escribir despois de morto.
Será un funeral de estado, con especiais informativos as 24 horas