A lingua dos xornais
Recomendo este lúcido texto de Veloso sobre o uso que se está facendo do galego nos nosos xornais impresos de maior difusión. O autor non é un sociolingüista, o que quizais lle permite interpretar a cuestión de forma máis independente, clara e veraz. Agradécense estas análises onde non aparecen táboas estatísticas e baseadas, pola contra, na experiencia mamada na rúa. Parabéns, amigo Veloso.
O Veloso expresa mui ben o que penso eu tamen. Eses dous diarios (e non son os unicos) deberian cambiar as suas ideas e ampliar o numero de paxinas en galego ou, polo menos, non traducir o que a xente di en galego. Non creo que perdan lectores por iso e apoiarian a nosa lingua que tamen e a deles ou dos pais deles.
Para min ter vergonza da lingua dos teus pais e como ter vergonza dos teus pais.
Podería estar de acordo co espírito do artigo mais non coa letra. Non atopo lucidez cando se fala de traidores, vaguidades líricas e demais.