«Inmunda escoria» e a memoria histórica antifranquista
Este serán presentaremos no Salón Nobre de Fonseca Inmunda escoria, a formidable obra de Ricardo Gurriarán sobre as mobilizacións estudantís na Universidade de Santiago durante o franquismo. Para o evento contamos coa participación de Vicente Álvarez Areces, o presidente do Principado de Asturias e destacado protagonista dos acontecementos do estoupido do 68 que pechan este estenso relato de máis de cincocentas páxinas e tres horas de gravacións no dvd que acompaña a cada exemplar. Confeso a miña fe neste libro que constitúe un auténtico océano para a nosa memoria antifranquista, unha arca de vidas e algúns segredos agora desvelados, o relato [realizado coa voz dun centenar de protagonistas] dun tempo no que se sementaron os valores da convivencia democrática actual (tan renqueante, mágoa!). Ademais de promover a recuperación da memoria republicana de Galicia, cómpre impulsar máis decididamente a construción do relato colectivo do franquismo e do antifranquismo, un tempo contraditorio e decisivo non só para os que nos imos facendo xa un pouco maiores, tamén para as xeracións mozas, ás que non lle podemos agachar que a democracia actual foi unha moi díficil conquista, chea de pasos adiante e atrás. O libro de Gurriarán é unha trabe primeira para termar dese proceso. Recoméndoo moi vivamente.
Alégrame moitísimo ter noticia deste libro.
Hai anos que non falo con Gurriarán, que por certo foi un dos mellores adestradores da historia do atletismo galego (o preparador de Xamín, do que tampouco sei hoxe nada: un mediofondista que chegou a disputar algunha final europea en pista cuberta), pero sinto unha grande admiración por el, que é todo xenerosidade e talento.
Un deses homes que fan que Galicia sexa máis grande nos corazóns que nos mapas.
Mercarei un exemplar en canto estea á venda, e algúns máis para agasallar.
What I don’t understand is how you are not much more common than that you are now. You are just so intelligent. You know so significantly about this topic, made me assume about it from so many distinctive angles. Its like individuals arent interested unless it has one thing to complete with Lady Gaga! Your stuffs good. Maintain it up!
When 1 conceives the issue at hand, i’ve to agree with your finishes. You distinctly show cognition about this subject and i’ve significantly to have an understanding of soon after reading your post.Quite a few salutations and i will come back for any further updates.