Onte 1992: Rosa Aneiros, Premio Agustín 2018
Viaxamos onte a Vilalba para participar no xurado da IIª edición do Premio Agustín Fernández Paz de Narrativa Infantil e Xuvenil pola Igualdade, convocado polo IESCHA e o concello de Vilalba, coa colaboración de Xerais.
Entre a ducia das obras presentadas, as tres persoas do xurado, a escritora María Reimóndez, a tradutora Isabel Soto e eu mesmo, escollemos como gañadora por unanimidade a presentada baixo o título provisional «Unha manta rillada» e o lema Khoedi, que unha vez aberta a plica resultou ser da autoría de Rosa Aneiros e ter como título definitivo Tres bichicomas, dúas illas e unha serea. Unha novela infantil, que dialoga con varios dos textos e dos personaxes creados por Agustín, sobre todo n´ As flores radiactivas, n´A praia da esperanza ou n’ O segredo da Illa Negra, reclamando a empatía e o protagonismo do activismo interxeracional, de crianzas e persoas maiores, na solución de problemas sociais como a recente crise das persoas refuxiadas e emigrantes.
Unha novela tan emocionante como literariamente fermosa que consolida o premio de narrativa infantil e xuvenil galega máis querido polo movemento agustinista. Aventuro que este de Aneiros será pola súa gran calidade un dos libros infantís máis referenciados e con máis lectorado destes vindeiros anos.
Dejar un comentario
¿Quieres unirte a la conversación?Siéntete libre de contribuir