Onte 1856: “O Códice esmeralda” de Alberte Blanco, presentación en Verín
Abrimos onte en Verín, coa presentación d´O Códice esmeralda de Alberte Blanco, a tempada de feiras do libro. Moitos visitantes nunha feira de fin de semana que contou cun programa literario con presentacións moi interesantes das novidades de escritores verineses como Xosé Carlos Caneiro, Alberte Blanco e Francisco López Barxas, entre outras.
Na presentación, Alberte confesou que “non lle interesaba a literatura como un exercicio de intimismo preciosista do autor” e que a pesar de non considerarse un escritor “pretendo con cada unhas das miñas historias, fose na primeira novela Arcadia. Os gardiáns do segredo, sexa nesta segunda, expresar a miña visión do mundo, en cada un dos episodios históricos que reconstrúo, sobre todo naqueles que considero insuficientemente estudados, pretendo facer dubidar da realidade e de todo o que nos rodea”. Alberte Blanco insistiu no interese da batalla naval de Rande de 1702, que coincide coa chegada do primeiro Borbón e co conflito da guerra, “unha mina literaria inesgotable”. A seguir afirmou que cría que “O Códice esmeralda é unha novela moi influída polas miñas primeiras lecturas adolescentes, dende Jules Verne a Walter Scott”. “Pretendín ofrecer un texto de lectur afácil, tanto na linguaxe como na intriga que se lle propón desvelar aos lectores e lectoras”.
Dejar un comentario
¿Quieres unirte a la conversación?Siéntete libre de contribuir