Lingua de liberdade, acto cívico, 14 de novembro
Galego Patrimonio da Humanidade convoca Lingua de liberdade, un acto cívico a prol da lingua galega o vindeiro sábado 14 de novembro, a partir das 12 horas, no Teatro Principal de Santiago de Compostela.
No acto, que estará conducido por Candido Pazó. intervirán representantes de colectivos sociais, os secretarios xerais de UXT, José Antonio Gómez, e CCOO, José Manuel Sánchez Aguión, ademais de Laura Sánchez Piñón, Pablo González Mariñas, Henrique Monteagudo e Fermín Bouza.
Tódalas linguas son patrimnonio da humanidade e cada pobo ten a obriga de mimalas e coidalas como órgano inmaterial da súa personalidade, da súa vida.